Asociación de Músicos ao Vivo na web
28 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: NovasTrackback
Músicos ao vivo nace co obxectivo de agrupar e unificar as inquietudes dos músicos de directo, e como plataforma de intercambio de información e opinión. Pretende ser un lugar onde todos os músicos teñan cabida e así posuír unha voz común deste colectivo. A filosofía desta asociación baséase en dignificar a música en directo e o traballo dos músicos que a levan a cabo.
Músicos ao vivo non é:
– Non é para escolas de música, para bares, programadores, etc..
– Non é unha axencia de management para os asociados, un medio de facturar os bolos.
– Non é unha forma de sacar tallada.
– Non é unha asociación só para músicos profesionais.
– Non é unha asociación só para músicos afeccionados.
– Non é unha asociación exclusiva dun só estilo ou ámbito musical.
– Non é para montar festivais de música onde toquen os grupos dos asociados.
– Non é un medio para que os políticos se colguen medallas á nosa costa.
Músicos ao vivo é:
– É única e exclusivamente para músicos que tocan en directo.
– É un lugar de encontro, de intercambio de información.
– É unha forma de unir forzas.
– É un xeito de facernos escoitar como colectivo.
– É unha asociación para músicos profesionais e afeccionados.
– É unha asociación de músicos para os músicos
Visita a súa web: http://www.musicosaovivo.com/index.php
Comentarios
Comentarios fechados