jump to navigation

Festival Orcellón no Carballiño

29 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

orcellonEste vindeiro sabado 30 de maio no Festival Orcellon fala e canta:

Contando contos cos cativos

Artistas convidados: FANTOCHES BAJ-BURROMAQUIA

Lugar e hora: PRAZA DO CORRAL AS 18:00

Neste espectáculo de narración oral encontrámonos cunha selección de contos, fábulas, poemas e cancións na que se fala con simpatía dese animal tan entrañable que é o burro. A través da participación, os rapaces e rapazas van descubrindo a historia do burro da Tía Lola, personaxe que popularizaron nun pasodobre os gaiteiros Os Dezas de Moneixas.

Obradoiro de reciclaxe

Artistas convidados:

Lugar e hora:PRAZA DO CORRAL AS 19:00

O pasado ano 2008 os cativos tiveron paciencia para facer un “espanta soños”, desta vez a creatividade dos mais novos fará que os pais queden abraiados coa creatividade dos seus nenos.

Concerto grupos d’aquí:

Artistas convidados: ROBERTO SOBRADO E BANDA

Lugar e hora: CAFÉ CARLOS AS 24 h

Nado musicalmente coa etiqueta de cantautor, baixo a influencia de Sabina e Silvio, publica o seu primeiro traballo en 1999, “Inventario de inquedanzas nº 1”, logo de gañar o II Certame Pop-Rock Xunta de Galicia. Comeza a tocar de forma regular en Compostela nese mesmo ano, e iso serve de plataforma de lanzamento para os locais do resto do país. Coa incorporación de novos músicos, vai dando forma á súa banda que, cunha orientación pop-rock, autoedita o segundo disco en 2003, “Pan e circo”, e o terceiro en 2005, “Agasallos sen promesas”. De exilio voluntario no Liverpool dos Beatles dende outubro de 2004, continúa compoñendo novos temas e chega a tocar en solitario no mítico The Cavern. Volta a Galiza no 2007 para refacer a banda e presentar o novo proxecto “Noroeste extraño”, unha proposta calamariana dos temas nados en Liverpool máis outros rescatados do antigo repertorio.

Roberto Sobrado e Banda esta formado por:

Comentarios

Comentarios fechados