Festival Vibracional TPS
30 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,NovasTrackback
A vindeira semana entre o xoves 4 e domingo 7 de xuño celebrarase en Compostela o I Festival Internacional de improvisación libre de Galiza, un novo pulo no panorama actual que esta corrente está a experimentar nos últimos anos no país.
O movemento que se materializa desde o ano 2003 co Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro (TPS) e a Sala Nasa cunha intensa labor de difusión e práctica musical a través dun programa estábel de actividades: presentación de propostas en solo, dúo, trío e cuarteto, jam sessions e experimentos de condución xestual de pequenas e grandes formacións, que tiveron o seu máximo exponente na creación de O.M.E.GA, Orquestra de Música Espontánea de Galiza.
Coa celebración deste novo festival, Santiago de Compostela vaise consolidar como un dos eixos da rede peninsular de cidades de referencia da vangarda musical europea a carón de Barcelona, Madrid, Porto e Lisboa.
Descarga o libreto aquí: ProgramaVibra.pdf
PROGRAMA
- xuño 4 xoves
minúsculo: PABLO REGA ?
19,00h | praza do toural
2dúos 1cuarteto ?
21,30h | sala nasa
MARGARIDA GARCÍA (contrabaixo) e RUTH BARBERÁN (trompeta)
MICHEL DONEDA (saxo soprano) e ALFREDO COSTA MONTERIO (acordeón, obxectos)
- xuño 5 venres
minúsculo: PARTO: AQUÓFONO minimal ?
19,00h | praza da quintana
1 solo e 1 septeto ? 21,30h | sala nasa
FERRÁN FAGÉS, solo (dispositivo electroacústico)
POEMA 1960, peza para mobiliario e espazo de la Monte Young
elena vázquez ledo, pavlo orza, maría move, pablo sax, ariel ninas,
ruth barberán, alfredo costa monteiro (dirección escénica)
- xuño 6 sábado
minúsculo: XESÚS VALLE ?
19,00h | praza de praterías
paisaxe sonora do CGAC: NOID HABERL + KLAUS FILIP ?
21,00h | centro galego de arte contemporánea
- xuño 7 domingo
o.m.e.ga (orquestra de música espontánea de galiza) ?
22,00h | salon teatro
Comentarios
Comentarios fechados