XXIII Día da muiñeira en Arteixo
1 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Concursos,NovasTrackback
A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo, convoca o XXIII Día da Muiñeira que terá lugar o próximo día 14 de xuño, ás 18:00 h. na Avda. do Balneario.
Descarga aqui a Muineira_inscripción.pdf
BASES DO XXIII DÍA DA MUIÑEIRA
1.Poderán participar no mesmo todos aqueles Centros, Grupos Folclóricos, Asociacións Xuvenís, etc., que o desexen.
2.Cada Centro, Asociación, etc. poderá inscribir o número de grupos que o desexe.
3.Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou unha uniformidade.
4.A Muiñeira a bailar será a “Muiñeira do Sr. Macías” (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas. Bailarase catro veces con breves descansos
5.O prazo de inscripción remata o 7 de Xuño.
As follas debidamente cumplimentadas deberán enviarse a:
- Correo ordinario: Asociación Xuvenil “Xiradela”, Polígono de Sabón, 5. 15142 Arteixo.
- Correo electrónico: xiradela@yahoo.es
6.Os grupos inscritos deberán concentrarse a carón da Piscina Municipal zona escolar), ás 17:00h.
7.Haberá un agasallo para cada Asociación e merenda para tódolos participantes.
Tlfnos. de contacto:981641125 (Xiradela), 675527543 (Raquel)
Comentarios
Comentarios fechados