jump to navigation

A Orquestra O.M.E.GA pecha o Festival Vibracional TPS

6 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

omega

Será este domingo 7 de xuño no Salón Teatro de Compostela ás 22 h .

A Orquestra de Música Espontánea de Galicia, O.m.e.ga. naceu dentro da programación de Sesións Vibracionais do TPS en marzo do 2007 na Sala NASA de Compostela. Fan improvisación libre con conducción xestual. Un espectáculo diferente cada vez, sorpresivo e suxerente onde os parámetros típicos da música occidental fican misturados con novos conceptos tan importantes coma aqueles: escoita, erro, rectificación, adaptabilidade, composición instantánea, experimentación, disonancia, dinámicas fortes…. e todo en tempo real!

Trátase dun proxecto colectivo de vinte músicos galegos de moi diversa procedencia que traballan regularmente no eido da música improvisada baixo condución xestual. O director emite unha linguaxe de sinais prefixada que os músicos deben interpretar en tempo real nunha retroalimentación constante sustentada na atención mutua, nos procesos de toma de decisións, na incertidume do instante e, sobre todo, na capacidade para viaxar e sorprenderse coa variada riqueza tímbrica, sonora e dinámica do conxunto como unha entidade orgánica.

Comentarios

Comentarios fechados