jump to navigation

Quique Peón estrea “Ovay”

9 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Escea,Novas
Trackback
ovay

Ovay é o título escollido para a peza que supón o debut da compañía Quique Peón o sábado 13 de xuño ás 21.00 horas e domingo 14 ás 18.00 horas no Salón Teatro de Santiago.

O bailarín coruñés inicia -despois dunha longa e asentada traxectoria centrada no baile tradicional galego- unha nova etapa creativa na que se adentra nas formas da danza contemporánea desde a premisa de plasmar dun xeito natural a interrelación posible entre ambos tipos de expresión.

Ovay son as catro estacións do camiño da vida, os catro puntos cardinais da nosa existencia e os catro elementos da nosa alma, conceptos universais e atemporais encrucillados, ante os que nos movemos a cegas sen comprender o sentido do noso ser. Porque o sentido do noso ser está na fusión de todos eles e só se alcanza coa íntima comprensión da nosa multiplicidade.

Un dos alicerces do proceso creativo de Ovay foi a asunción dun repertorio estritamente tradicional galego, tanto na música como na danza, extraído dos arquivos e do material de investigación etnográfico de Quique Peón.

A peza está dirixida e coreografada por Henrique Peón e conta coa participación destacada dos músicos Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero (este último, encargado tamén da dirección musical), que interpretan en directo as composicións sobre as que o bailarín realiza a súa execución en solitario. Erick Jiménez é coautor -xunto a Peón- da coreografía, a Baltasar Patiño competeulle o deseño de iluminación e a Cloti Vaello o de vestiario.

Comentarios

Comentarios fechados