Dobre concerto no Carballiño
11 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Novas
O vindeiro sábado 13 de xuño ás 19 h na Casa da Cultura do Carballiño e de balde haberá un concerto acústico e unha proxección de vídeo en solidaridade co pobo saharaui.
O domingo 14 ás 19.30 h no Centro Multifuncional do Carballiño xunto á estación de autobuses (O Carballiño) e tamén de balde o fin de curso da escola de Teatro do Carballiño.
Ás 21:15 Concerto: Noroeste Estraño, Roberto Sobrado con toda a banda: Gustavo Fernández (baixo eléctrico), Ariel Torres (guitarra eléctrica), Jesús Caramés (batería) e Germán Da Ponte (saxo).
Comentarios
Comentarios fechados