jump to navigation

Hana Bi (flores de lume) en New York

15 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

hanabiRecentemente a coreógrafa galega Mercé de Rande, estivo actuando en Nova Iork co seu espectáculo “Hana Bi” (flores de lume) no Green Space Studio, un espazo adicado á danza contemporánea no barrio de Queens, dentro da programación do Multiformity Festival argallado polo Queens Council que tivo lugar en diferentes puntos deste barrio no mes de xuño e que se clausurou onte.

Na velada participaron ademais outros bailaríns e coreógrafos coma Liz Matias/Victoria Bartels, Mana Kawamura, Erin Pride Dance Project, Amy Secada, Valerie Green/Dance Entropy ou Sarah Council Dance Projects.

Mercé que hai pouco deu un curso dentro dos monográficos’09 de aCentral Folque é a fundadora e directora artística da compañía Á Mercé das CirKunsTanzias, xoga con 3 palabras de orixe alemán e co seu propio nome para completar unha expresión galega que reflexa o espíritu de creación do grupo. Cirkunstanzias é o vocablo mixto alemán-galego que integra as 3 disciplinas básicas na concepción desta compañía, nas que vai desenvolve-la sua actividade, contempladas dende unha perspectiva estrictamente contemporánea. CIRKUS, circo KUNST, arte TANZ, danza No caso do circo, refírese sobre todo o componente clown que se desexa desenvolver a través da búsquedo do humor na danza, na expresión do movemento.

Comentarios

Comentarios fechados