jump to navigation

Comunicado do CDG

13 de Setembro 2006 - Enviado por gaitomano a: Escritos,Novas
Trackback

O engano político das gaitas

Recentemente a banda de gaitas Nova Fronteira & Cartelle (Ourense) foi proclamada a mellor banda de gaitas de Galicia. Vivimos nun país cheo de contradiccións e curiosidades que o Colectivo en Defensa da Gaita (CDG) nunca poderá comprender. Unha banda que desfila con gaitas marciais, percusión de alta tensión e faldas (elementos inspirados e copiados das bandas escocesas) non pode representar ós galegos. Algúns políticos desta terra (do novo goberno PSOE-BNG) presumen de defende-los valores musicais e culturais galegos, sen percatarse do que verdadeiramente está a acontecer no noso país no tocante ás bandas de gaitas. Outros, como a alcaldesa de Vigo Dona Corina Porro, incumplen promesas de facer respeta-la nosa música. Na TVG continúan retransmitindo encontros multitudinarios de gaiteiros, que semellan máis escoceses que galegos, co beneplácito gubernamental e financiados con cartos públicos de todos nós. Nas fases desa Liga de Bandas de Gaitas continúan asistindo representantes do IGAEM (dependente da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia) para facerse a foto de costume. En Pontevedra xurde unha rede de escolas, financiada pola Deputación Provincial, que fomenta a creación de bandas de gaitas pro-escocesas. E isto semella non importarlle a ninguén. Aparentar normalidade para conseguir votos é enganar á xente. E é unha vergoña que os representantes políticos do noso país non teñan a suficiente convicción para facer o que realmente teñen que facer. Son moitas as palabras pero poucos os feitos. E a esperanza do cambio político para o cambio musical é sinónimo do desánimo que actualmente sinte o CDG coas cousas que están a acontecer. Ir máis aló deste problema non é sinxelo, pero tampouco é tan complicado. Vontade e espírito de loita. Sen isto nunca faremos nada. E se nós mesmos non somos capaces de apreciar a riqueza cultural que temos sen recurrir a modelos musicais foráneos nunca poderemos dignifica-la nosa música como se merece. E tódalas bandas de gaitas que copian directamente elementos importados de Escocia nunca poderán ser galegas nin representar a Galicia. Por moito que nos queiran convencer algúns iluminados. Só pedimos unha cousa: respeto. Para a nosa música e para a nosa terra.

Colectivo en Defensa da Gaita. A Coruña

En representación do CDG:

RICARDO CASÁS SALGADO D.N.I. 53.162.745 – Q
LUIS GARCÍA CORRAL D.N.I. 53.163.859 – A
RAMÓN RODRÍGUEZ PALLEIRO D.N.I. 47.368.388 – A
 

Comentarios

1. O Alumno Indignado - 13 de Setembro, 2006

Isto todo esta moi ben de acordo, pero é o que se ven falando desde fai duas semanas na entrada desta paxina con referencia ao escrito do señor Polo.

Que o diga unha plataforma chamada CDG, que o digan os usuarios sin mobilizar conxuntamente, mais argumentos racionais dos que aqui e na lista do L-gaita non se deron en ningún sitio, e a “guerra das bandas” non é de onte nin de antonte, que esto xa ven de lonxe, e o tema non se move, fanse manifas, dias de exaltacion da tradición máis pura, pero esto nin arre nin xo.

Os mesmos seguen a facer o que lles peta cos cartos dos demais e por moita oposicion que se faga acaban indo os proxectos adiante, e por ende a xente enganada, aos que enganan claro.

Eu non son un deles e vexo con lastima que hai persoas que se aproveitan dunha realidade musical propia transformandoa ao seu antollo, (Principalmente politico-economico) e e non se trata máis que dunah manobra duns poucos para sacar  beneficios propios.

 Que máis me da a min que lle recalifiquen unha leira na costa pra construir trescentos apartamentos con vistas a praia das catedrais que que collan a tradición e a manipulen de tal xeito que queiran facer que parece algo noso…..e aínda han esperar que lle aplaudan…..como non sexa na cara…..

Transformar o saber dun pobo en simple, chan e cochina política é tanto delito como calquera outro.

2. vellos da tvg - 14 de Setembro, 2006

transformar un saber do pobo é o que fixo o pobo desde que o mundo é mundo. O pobo galego é representado de distintas mareinas desonrosas: o lume, o antigo goberno, a marea negra… e tamén por moitos músicos que andan os escenarios polo mundo adiante. A Liga das Gaitas é populista, leva moita xente detrás e iso é o que lle interesa ós políticos. Por iso tamén sae na TVG, donde tamén sae vellos cantando por todos os lados, hai que lembrar que a povoación sigue sendo vella. ¿Dónde están os grupos novos de música popular? ¿na TVG non se poden ver? Escoitamos música galega solamente na radio, porque na Radio Galega música xa lle poden ir cambiando o nome.
As bandas de gaitas é un tema friqui. Pero o noso dichoso pobo é friqui tamén. É feista.
Pregunta:
Para conservar o nome banda de gaitas galega estas formacións terian que cambiar AS GAITAS, O TRAXE, A PERCUSIÓN E A FORMA DE MARCHAR?

3. Arturo Vaquero - 15 de Setembro, 2006

Erase unha vez un rapaz que foi a Getxo a visitar os seus tios vascos, o seu tio dixolle nada mas chegar que estaban de festa que habia un festival de musica Celta e pediume co levara a ver o pasaruas da banda de gaitas que viña de Galicia (coma min), eu collin ao meu tio todo orgulloso polo brazo para levalo a rua e mostrarlle unha banda galega de gaitas(eu iba de entendido)… pero …. xa na rua…. desfilaban esa maña unha escocesa e a galega… uns con faldas e outros tamen (e non eran rapazas) uns con florituras nas percusions e os outros tamen, uns con moitos mecanotubos nas gaitas e rectos coma se lles meteran un pallon de si bemol polo cu … e os outros tamen. Nesto o meu tio Josetxu
preguntoume cales eran os galegos e… perdoenme os amantes das bandas pero eu lle dixen: .- “Oye tio creo que es mas tarde, por que no vamos a tomar unos txiquitos y volvemos a ver si vienen?” . O sinto pero sentin vergoña de dicirlle que esos eran uns gaiteiros de Galicia, a terra da sua muller.
Mil perdones.