jump to navigation

Volven os tres peixes voando

5 de Outubro 2006 - Enviado por gaitomano a: Novas,Programaciòn Folque
Trackback

Peixes.jpg

Xabier Diaz- Guillermo Fernández e Ugia Pedreira abren unha nova temporada para as músicas do mundo, para as músicas de autor na Radio Galega Música os domingos pola noite ás 11 horas no programa TRES PEIXES VOANDO. Un marraxo, unha xarda e un bacallau .

Este domingo dia 8 de 23 a 24 abren con Richard Bonna, Martirio, Lenine…

No programa haberá duas seccións.
DIME QUÉ PEIXE ES. Minientrevistas con xente que atopamos no traballo, na rua, no mercado, que chamamos a casa para saber con qué peixe se identifican e qué musica andan a escoitar recentemente. Neste primeiro programa chamarán á sua compañeira Guadi Galego (coa que compuxeron a sintonia do programa) para coñecer cal é o seu peixe preferido.

TODO O PEIXE PRO BARCO. Sección aberta progresivamente para receber as vosas cancións preferidas que falan do mar, dos peixes, dos barcos, dos piratas, das sereias e sereios… Podedes enviar as vosas suxerencias de cancións marítimas a trespeixesvoando@crtvg.es. O nome da canción e o intérprete.

Comentarios

1. Nelsom Quinteiro - 14 de Outubro, 2006

Ei!

A min gustaríame ser un xureliño pequeno pequeno pequeno!
Pero ollo! que non me chamen chincho!

Noraboa polo programa, ten unha pinta bárbara… de seguro que me conectarei nos domingos.

Obrigad@s, ademais de falar das cousas que acontecen noutras calas ; ) que aínda que eu non escoitei contoume un paxairiño, ou mellor dito, un peixe-voador (un, que ten o síndrome de Peter Pan).

Moitos beijinhos e repeniques

2. BEATRIZ - 20 de Outubro, 2006

HELLO PEIXES VOADORES!!!
ESPERO QUE ESTEDES PREPARADOS PARA VOAR, VOS MANDO ESTA MENSAXE DO OUTRO HEMISFERIO, EU ESTOU EN NAMIBIA. POR AQUI HAI MOITO PEIXE E MOITO GALEGO TAMEN QUE VEU ATA AQUI POLO DOS PEIXES.
LEVO UN TEMPO PENSANDO QUE PEIXE ME GUSTARIA SER E NON ME DECIDO CREO QUE VOU DICIR DOUS, O PEIXE ESPADA E A SARDIÑA, POR DECIR UN DE CADA SITIO.
BUENO RAPACES QUE SAIBADES QUE ATA AQUI CHEGAN AS NOVAS DO VOSO PROGRAMA, E O QUE TEN O MAR QUE E MOI GRANDE E NON TEN FRONTEIRAS E PODES VIR A PARAR A SITIOS COMA ESTE TAN LONXE PERO UNIDO A NOSA TERRA POLO MESMO MAR.
BICAÇOS A TODOS OS PEIXES DE POR AHÍ, E SORTE CO PROGRAMA