jump to navigation

Presentación do disco “Asumindo riscos”do grupo folk Arrás!!

15 de Outubro 2006 - Enviado por david_bellas a: Novas,Novidades discográficas
Trackback

O grupo folk Arrás!! gañador da sexta edición do certamen para
grupos folk de Radio Obradoiro,presenta o seu disco “Asumindo
riscos”,(que en menos dun mes estará nas tendas)no teatro Pastor
Díaz de Viveiro o vindeiro día 22 de decembro as 21:30 da noite.

“Asumindo riscos”,como o seu nome indica é un disco no que o grupo
Arrás!! fai unha proposta innovadora e arriscada,poderias falar de
un folk fusión,ainda que o nome máis acertado sería o de “Potaxe
galego”,xa que podemos nesta pequena pota sonora podemos atopar ben
cocido e misturado,dende unha muiñeira,swing,bossa,etc…

O disco grabado e mesturado nos estudos Phonos da Estrada e
artedixital de Redondela e masterizado en Mastering Mansion de
Madrid,terá unha tirada incial de 1000 copias.

En breve ireivos informando de máis novedades.

Saúdos de Arrás!!

Rocio Jiménez: Voz,pandeireta e multipercusión
Michel Rivadulla: Guitarra acústica e española e coros
Pablo Esqueira: Piano,teclados e voz
Manolo Abraldes: baixo eléctrico e coros
Jimmy Failde: Bateria e percusión
David Bellas: Gaitas galegas,uillean pipe,saxo tenor e soprano e low
e tin whistle.
Xabi Esqueira: Técnico de son.

Comentarios

1. villana - 1 de Setembro, 2007

hola a tos! eu estiven na presentacion do disco en Viveiro. estivo xenial.e agora no veran deron un concerto na praza Maior de Viveiro e estivo mui ben. a verdade e q non defraudan nadiña nada. son xeniales. agardo xa o seguinte disco. saudos.