Festa3
26 de Outubro 2006 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Lercheo,Novas
Era cuestión de tempo… e por fin… xa chegou… xa está aquí… a festa que tod@s esperabamos… a FESTA3!!!
O lugar escollido para esta festa, que celebra por un lado que seguimos en pé e por outro lado que inauguramos un curso,
coma sempre, cheo de bos desexos e intencións será o NOVO ALFAIATE, na Rúa de san Xoán nº 7, na Coruña, o domingo
12 de novembro, a partir das 20:00h.
Para a velada, na que non faltarán as castañas e os pinchitos coma en toda festa que se precie estarán convidadas, para amosarnos un
pedaciño de arte as seguintes artistas:
DILLEI ORGASMO (Indi-Gai-Techno.)
CHUSMI (Malabarista)
FRAN AMIL (Cantor)
NELSOM QUINTEIRO (Cantareiro)
e como non…
a Compañía FEMME FATALE (Perralleira, Fulera e moi Cabaretesca!)
E o cartel aínda non está fechado!!!
Ou sexa que vai ser unha festa por todo o alto!
Perdela sería un erro!
PD: Na última festa montouse moi gorda… só tedes que ver o cartaz ; )
Comentarios
Podedes ver o cartaz completo en…
http://www.fotolog.com/cantareiro
Así como outras novas e imaxes do 3º pé.
Apertas