jump to navigation

Cilindro con puas…….ja ja ja

2 de Novembro 2006 - Enviado por gaitomano a: Novas,Sitios Recomendados
Trackback

porcoespiño.jpg

En WordReference.com, diccionario on-line, atopei isto:
Diccionario de la lengua española © 2005 Espasa-Calpe S.A., Madrid:
zanfona, zanfonía o zanfoña
f. Instrumento musical de cuerda, que se toca haciendo dar vueltas con un manubrio a un cilindro con púas:
ya solo se ven zanfoñas en los grabados antiguos………….


E no diccionario on-line na web da Real Academia Española:
zanfonía.
(Del lat. symphon?a, instrumento musical).
1. f. Instrumento musical de cuerda, que se toca haciendo dar vueltas con un manubrio a un cilindro armado de púas.

Así se entende que non seña máis popular o instrumento,¡¡Armado de Púas!!
Está claro que hai unha confusión na RAE. E ademáis están en obras,esta é a mensaxe que recibo cando intento usar o servico de suxerencias e consultas e así reparar o erro:
“Por razones técnicas de infraestructura, el servicio de consultas del Diccionario académico permanecerá cerrado durante las próximas SEMANAS. Rogamos disculpen las molestias que podamos ocasionar.”
Nin creo que me fixeran puto caso, ¿quen son eu para facerlles unha aclaración sobre o idioma de Cervantes?, nin sequera sei usar correctamente os tempos compostos no castelán.
Pues está mal, señores/as de la RAE, muy Mal, He dicho!!

Deinición de Zanfona da Academia da Lingua Galega (Que tamén é Real, logo existe):
zanfona s.f.
Instrumento musical de corda con teclado, no que as cordas son percutidas por unha roda que rota ó ser accionada por unha manivela. Os cegos acompañaban os seus cantares coa música das zanfonas.

Casi, casi, faltou pouco: a roda frota as cordas, non as percute. E aclarar que algúns cegos, non todos se acompañaban coa zanfona. Moitos o facían con violin, pandeireta, guitarra…
Acabamos antes mirando en a interné, e se nos engañan polo menos non lles estan pagando a nómina cos nosos cartos.

lee a nova con comentarios aqui

Comentarios

1. Oscarfono - 3 de Novembro, 2006

Son de Coña, pero alomenos isto nos da unha idea do que aínda lle pode quedar a ese instrumento por andar para recuperar o estatus que tiña ai mil anos.
Non desperdiciemos recursos e refírome a todo :
Apliquémola a tódolos xéneros musicais, usémola electrónica con éla, toquemos de pé, sentados, en inglés, en ruso, e divulguemos con ela un reflexo das nosas raices na actualidade.

2. Oscarfono - 3 de Novembro, 2006

Dixen tódolos recursos posibles, si hai que cortála barba se corta e listo.