UN DISCO NORDESTINO PARA O NATAL
10 de Decembro 2006 - Enviado por gaitomano a: Novas,Novidades discográficas
Nordestin@s: Guadi Galego, Ugia Pedreira e Abe Rábade sacan esta semán o seu primeiro cd. Cancións do mar norteño da Galiza. As cancións populares, as que cantaban na familia, as suas propias composicións que falan do mar.
Lendas do mar, influencias do grupo Saraibas de S. Sadurniño, os debuxos animados de Candy Candy, a inspiración de Fernando Pessoa, o nordestino Xabier Diaz ou Oscar Fdez, a romaxe de Sto Andres en Cedeira, o Cancioneiro de Inzenga co seu “Cantar de Viveiro”, unha habanera de Camariñas que tamén se canta en Ribadeo, unha canción composta no 73 adicada á muller cedeiresa, os muros con cristais dunha casa indiana de Foz, Manuel Garcia Jimenez “O Potencias”, son algunhas das fontes do repertorio Nordestino.
Comentarios
Parabéns ás Nordestinas (e ao nordestino!). É um grande contributo à música galega actual!
Onde podemos fazernos com o cd?
Estou muito curiosa para ouvir o cd deste grupo, parece ser interessante.Principalmente a habaneira de camarinhas, da minha terra.
Parabens e continuem. Gostame especialmente a voz de Ugia, é muito bonita.
Rosa
Hola a todos/as:
Tiven o pracer de escoitar a Nordestinas en directo…¡espectacular!!!.
Os meus parabéns para os tres compoñentes.
¿Alguén sabe en dónde podo mercar o CD??
Grazas.
Pois ana, dicirche que o CD está a venda nas tendas, e ou ben na folque tenda no CMTF en Lalín.
quedas avisada, un bico
Na páxina de Abe Rábade lein que o 23 están na COruña, no teatro Rosalía. E certo?? e que andiven a mirar polas entradas e non as vin por ningures.
Só tive a oportunidade de assistir à mini-actuação no Rosalía de Castro, aquando a gala de aniversário da Associação Alexandre Bóveda, mas foi o suficiente para despertar o interesse em ouvir o trabalho na integra.
Parabéns e que o próximo ano seja repleto de boas músicas 😉
Grazas gaitomano… en tendas si…¿pero cales? porque xa preguntei en varias en nada de nada…
A ver si podes concretar un pouco máis…e que sexa pola zona de Ferrol-Narón. Graciñas outra vez.
Para non facer publicidade, si queres, mandame un e-mail: ananaron@hotmail.com
Bicos
mellor en directo que o disco!! O disco soame pequeno comparado coa forza do directo. Foi unha lastima.