È preciso destrozar dous castros pra facer un TAV???????
14 de Decembro 2006 - Enviado por gaitomano a: Crítica,NovasTrackback
Como ben sabedes todos/as o Deza, e por extensión Galiza, vai a perder dous castros por mor das obras do Tren de Alta Velocidade: un castro en Bendoiro, denominado “O CASTRIÑO”, e outro en Vilanova, o “Coto do Castrelo”.
Tamén, como saberedes polos xornais, ou simplemente polo “ruxe ruxe” local, existe unha toda polémica sobre o cúmulo de despropósitos que fixeron posible este atentado contra a nosa identidade, coa Xunta, o Adif e o Concello pasándose a pataca quente de uns a outros.
Sen entrar no fondo da polémica, pero deixando claro que para a Asociación Cultural “O Naranxo” a destrucción do patrimonio histórico é unha afronta indigna a nosa cultura, convocámosvos a unha saída para facerlles unha visita de despedida… e o menos que podemos facer por quen nos acompañou ó longo da nosa historia…
ORGANIZACION: Asociación Cultural “O Naranxo”
DIA SAIDA: Sábado 16 de decembro de 2006
LUGAR SAIDA: Diante do bar “Barriga Verde” na rúa Matemático Rodríguez
HORA SAIDA: Entre a 15,15 h. e as 15,30 h. Procurade ser puntuais, porque dispoñemos de pouco tempo ao ser os días moi curtos. Quen teña que leve coche. Repartirémonos entre eles.
PERCORRIDO
1- Visita ao Castriño de Bendoiro. Ruta: Lalín, Polígono Lalín 2000, Laxe, Castro e visita ao Castriño
2- Visita ao Coto do Castrelo de Vilanova. Ruta: Castro, Laxe, Polígono Lalín 2000, autopista, saída da autopista en Botos, Estación, Mouriscade, Vilanova, Costoia e visita ao Coto do Castrelo
REGRESO
Costoia, A Xesta, Moneixas e Lalín
DIRIXE E COMENTA: Antonio Presas
OUTRAS CONSIDERACIONS: Se chove hai que ir preparados, porque a saída realizase incluso nestas condicións. Levade calzado axeitado.
REFLEXION FINAL: ¿E necesario destruír castros, sen ningún tipo de contemplacións, para construír un TAV?
Comentarios
[…] Como ben sabedes todos/as o Deza, e por extensi?n Galiza, vai a perder dous castros por mor das obras do Tren de Alta Velocidade: un castro en Bendoiro, denominado ?O Castri?o?, e outro en Vilanova, o ?Coto do Castrelo?. Tam?n, como saberedes polos xornais, ou simplemente polo ?ruxe ruxe? local, existe unha toda pol?mica sobre o c?mulo de desprop?sitos que fixeron posible este atentado contra a nosa identidade, coa Xunta, o Adif e o Concello pas?ndose a pataca quente de uns a outros.Sen entrar no fondo da pol?mica, pero deixando claro que para a Asociaci?n Cultural ?O Naranxo? a destrucci?n do patrimonio hist?rico ? unha afronta indigna a nosa cultura, convoc?mosvos a unha sa?da para facerlles unha visita de despedida? e o menos que podemos facer por quen nos acompa?ou ? longo da nosa historia? ORGANIZACION: Asociaci?n Cultural ?O Naranxo? DIA SAIDA: S?bado 16 de decembro de 2006 LUGAR SAIDA: Diante do bar ?Barriga Verde? na r?a Matem?tico Rodr?guez HORA SAIDA: Entre a 15,15 h. e as 15,30 h. Procurade ser puntuais, porque dispo?emos de pouco tempo ao ser os d?as moi curtos. Quen te?a que leve coche. Repartir?monos entre eles. PERCORRIDO 1- Visita ao Castri?o de Bendoiro. Ruta: Lal?n, Pol?gono Lal?n 2000, Laxe, Castro e visita ao Castri?o 2- Visita ao Coto do Castrelo de Vilanova. Ruta: Castro, Laxe, Pol?gono Lal?n 2000, autopista, sa?da da autopista en Botos, Estaci?n, Mouriscade, Vilanova, Costoia e visita ao Coto do Castrelo REGRESO Costoia, A Xesta, Moneixas e Lal?n DIRIXE E COMENTA: Antonio Presas OUTRAS CONSIDERACIONS: Se chove hai que ir preparados, porque a sa?da realizase incluso nestas condici?ns. Levade calzado axeitado. REFLEXION FINAL: ?E necesario destru?r castros, sen ning?n tipo de contemplaci?ns, para constru?r un TAV? Fonte: ?? preciso destrozar dous castros pra facer un TAV? Folque.com Publicado por Birnarem 1 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias […]
Merda de Pais que prostitue e estrupa a sua história por quartos…
Non entendin ben como era o conto. Están excavando un castro os arqueólogos, ¿non? ¿iso é destruilo?
mais ben creo que estan a salvar todo o que se poida antes que o trazado do TAV arrase todo, mais mudaron o emplazamento, mais pra enriba do castro…….