Ouvirmos presenta dous novos discos
16 de Decembro 2006 - Enviado por ouvirmos_comunica a: Novas,Novidades discográficas
Restauración das gravacións históricas da Coral De Ruada
O disco, incluído na colección A Tiracolo, titúlase Escena Coral Galega e contén a restauración das gravacións que o Coro realizou en 1929 para a casa Regal, nun dos seus mellores momentos artísticos.
Para non perder o Canto d’as chirimías: primeira gravación de repertorio das catedrais galegas interpretada, ademais, polos propios menestreis da catedral compostelá.
Un disco para regalarmos os ouvidos este Nadal
Canto de Nadal componse de seis pezas procedentes do ámbito da música popular galega, con arranxos para voz e acompañamento de guitarra barroca ou de tiorba e percusión. O grupo compostelán de música antiga Resonet deléitanos con estes cantos de nadal arranxados e harmonizados por Nemesio García Carril, o Padre Manuel Feijoo e Fernando Reyes.
Comentarios
Comentarios fechados