Firmas contra o deseño do 50 aniversario do CMU S de Ourense
3 de Febreiro 2007 - Enviado por gaitomano a: Crítica,NovasTrackback
Os alumnos e pais de alumnos do Conservatorio de Música de Ourense teñen elaborado un escrito de protesta, pois consideran que a organización do 50 aniversario do Conservatorio de Música de Ourense lles discrimina.
Resulta que TÓDOLOS alumnos foron excluidos dos actos que se celebrarán durante todo iste ano 2007. Por decisión unilateral do Equipo Directivo do Centro, e sin ter en conta ao claustro de profesores, ningún alumno tomará parte en ningún dos innumerables concertos que se farán en conmemoración deste aniversario.
Tamén lle negaron a opción de participar a certas especialidades instrumentais.
Un dos instrumentos máis prexudicado foi o acordeón, que foi excluido a pesar dos constantes esforzos de profesores e alumnos para evitalo. Esto resulta incomprensible, pois é patente o constante esforzo que se está a a facer para que este instrumento sexa un referente en Ourense, coa organización de cursos, festivais, certames nacionais e internacionais.
Por eso, a Asociación Galega do Acordeón solidarízase con profesores e alumnos e pide a inmediata rectificación desta incomprensible e lamentable discriminación.
O escrito será remitido ao Delegado de Educación de Ourense. podes axudar aos afectados cubrindo e enviando o formulario.
Moitas grazas pola túa axuda!
Comentarios
Que pais e que alumnos están en contra? Eu traballo alí e non os coñezo. Por certo, as actividades organizadas están aprobadas polo consello escolar do centro no que están representados todos os sectores da comunidade educativa: profesores, pais, alumnos e persoal non docente que, ademais foron elixidos mediante un proceso de votación plenamente democrático. Parece que isto é suficiente aval, non?
Todo isto non é máis que a pataleta persoal dun profesor que non presentou nengunha proposta para participar nos mencionados actos e que despois, vendo a envergadura dos mesmos, non puido soportar verse fora deles.