…EN ABRIL CADA PINGA VALE MIL
20 de Marzo 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Monográficos,NovasTrackback
…EN ABRIL CADA PINGA VALE MIL.
ACTIVIDADES PARALELAS DO CMTF PARA ABRIL.
– dia 14 sábado ás 13 h
Presentación do libro “CANCIONEIRO DAS TERRAS DO RIÓS ” de J. Luis Foxo.
Proxección de recollidas de campo.
– dia 21 sábado de 11 a 14 h e de 16 a 19 h.
Obradoiro: OS RITMOS DO FLAMENCO impartido por Iván Garcia, alumno de Ricardo Modrego, Marcos Teira, e Frank Gambale, e membro do grupo Grodan Deflo, co que gañou o IV Certame de Música Folk de Radio Obradoiro.
As 20h. CONCERTO MOSTRA ENTRE ALUMNADO E PROFESOR. Matrícula 30 euros..
O curso está aberto a calquera persoa; guitarrista, percusionista, aficionado…..así que xa sabedes; esperámosvos! Para anotarvos, ou ben podedes escribir a luania13@yahoo.es ou chamar ó 690195217.
Inscrición: luania13@yahoo.es Tlfe. 690195217
Comentarios
ACTUALIZACIÓN JÁ!!!
E NON DE GOLPE!!!
QUE LHE PASSA A ESTA PÁGINA… QUE JÁ NOM É COMO ERA?
AGORA, ADEMAIS DE DEMASIADO AUTO-BOMBO NON RECOLHEDES IGUAL O QUE FAI O RESTO DA GENTE, QUE ERA O MAIS INTERESANTE DA PÁGINA.
UMHA APERTA… É POR BEM.
– desde redacción do cmtf:
todo o que se colga na pax son notícias enviadas a esta pax concretamente ó webmaster xian@folque.com …ou ós contactos suliñados abaixo da web Tu podes axudar e facer o mesmo, enviar as noticias que consideres interesantes para o mundo do folque xeral, antes ou despois todas serán colgadas.Muitas gracias.
Ademais, hai momentos na vida onde non se lle pode dedicar todo o tempo do mundo a unha cousa porque os dias teñen tan so 24hrs, sabemolo todos, como di trini podes contribuir e recabar info doutros sitios pra condensar neste, entre todos e con comprension faise todo mais facil.
saudos