jump to navigation

INAGURACIÓN DA ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL “REBULIR”

6 de Novembro 2007 - Enviado por gaitomano a: Concertos,Formação,Novas
Trackback

O Concello de Ramirás inaugurará hoxe Sábado día 6 de Outubro a súa primeira escola de Baile e Música Tradicional . O nome escollido para esta escola é o de “ Rebulir ” .  Estará situada no Centro Sociocultural de San Andrés, no pobo de Vilavidal pertencente a dito Concello.

 O curso partirá con un número aproximado de 40 alumnos de todas as idades, desde 4 anos en adiante . Impartiranse clases de Baile tradicional, Canto e Pandeireta, Gaita Galega e Percusión Tradicional, complementando a súa formación con nocións básicas da etnografía galega .Tamén se organizarán periodicamente outras actividades paralelas  para o lecer dos dos alumnos e demais habitantes do Concello tales como : festivais, xornadas lúdicas, a II noite de fiadeiro, xornadas de xogos tradicionais …. etc. A matrícula nesta escola é totalmente gratuíta xa que está financiada na súa totalidade polo Concello de Ramirás …

 Nace así un núcleo para a recuperación e mantemento da tradición neste recuncho da Provincia de Ourense, engadindo un granciño máis  a contribución que algúns grupos están a facer a prol da cultura do noso país. Sendo este un dos principais obxectivos que esta escola se marca, aceptando tamén o compromiso de facelo da maneira máis autentica posible, creando non só un grupo de músicos e bailadores, senón que estes a súa vez podan aproveitar estas habilidades aprendidas para desenvolverse en festas e seráns, o que nós consideramos como cultura de base.

 

REBULIR[1].jpg

 

 

Comentarios

1. REBULIR Escola de Baile e música tradicional - 12 de Novembro, 2007

PÁXINA WEB DE REBULIR : http://WWW.REBULIR.BLOGSPOT.COM