jump to navigation

Xornadas Ambientais Amigos da Terra :: 10 Anos de Propostas Sustentabeis

28 de Novembro 2007 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Formação,Novas
Trackback

Amigos da Terra está de aniversario e convídate a celebrelo con nós.

10 anos traballando en prol do Medio Ambiente; sensibilizando, educando, reivindicando… son motivos máis que suficientes para celebralo. Ao longo desta semana temos organizadas mesas redondas sobre temáticas ambientais en Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e, por suposto, tamén en As Corcerizas:
Martes 27       “Participación cidadá e educación ambiental” (Santiago de Compostela)
                       Aproveitaremos a apertura das xornadas para facerlle unha pequena homenaxe a Xulio López, fundador de                                 Amigos da Terra Galicia.
Mércores 28   “Cooperación ao Desenvolvemento: Perspectiva ambiental nos proxectos de        
                                cooperación” (Ourense)
Xoves 29       “Consumo Responsable, a alternativa ao modelo actual. Algunhas experiencias en Galicia” (Vigo)
Venres 30      “Futuro da Xestión dos Residuos en Galicia” (Ourense)
Sábado 1       “Sinerxias fronte ao Cambio climático en Galicia” (Centro de As Corcerizas, Ourense)*
Ademais da mesa redonda está prevista a visita guiada polas instalacións de As Corcerizas e, para dar
por clausuradas as Xornadas, poderemos disfrutar duns sorprendentes pinchos…
* para facilitar a chegada a As Corcerizas, os/as asistentes disporán de servizo de autobús dende Ourense.
Esperamos contar coa vosa presenza para, xuntas/os, celebrar estos 10 Anos de Propostas Sustentables. Será unha boa oportunidade para coñecer o labor que desenvolvemos, implicarte nas nosas accións, ou simplemente agradecer o interese e enerxía de tanta xente que fixo posible este gran proxecto que é Amigos da Terra.
Xuntamos o programa ampliado.
programa.pdf

Comentarios

Comentarios fechados