jump to navigation

Confirmado o 4º Encontro Sanfona Contemporánea Ferrol-Narón.

23 de Xaneiro 2008 - Enviado por Sanfono a: aCF Actividades,aCF Recomenda,Axenda,Concertos,Formação,Novas
Trackback

Por fin! A edición máis esperada do ano para os sanfoneiros en GAlicia e a máis impresionante de tódalas celebradas trae ate a Ferrolterra o “pai” da zanfona contemporánea, Valentín Clastrier!!!!!!!!
Un mito vivo que vén aprendernos nun curso intensivo de 12 h o seu método no afastado e tranquilo Mosteiro de Baltar (Narón).
Se isto non chegase, acompañará a presentación do disco do “Proyecto Miño” con Germán Diaz, colaboradores no espectáculo dirixido polo contrabaixista Baldo Martínez.
Para pechar o cartel a ACMTF (Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque), organizadora do evento, conseguiu un concerto do gran virtuoso Matthias Loibner e de Germán Diaz en solitario.
Por 1º vez organízase un palco aberto para todos aqueles que queiran tocarnos unhas pezas sobre un escenario e amplificados. Logo, a repichoca está asegurada.
Unha fin de semana inesquecible á altura da inquedanza sobre este instrumento en Galicia. Unha fin de semana de saturación zanfoneira e relax para quen se queira achegar a Baltar a aprender do Maestro ou a dar unha volta pola paroquia como acompañante.
Máis información e detalles de inscripción nos vindeiros dias
3 mesTres

3 músicos, 3 xeracións, 3 concertos, 3 días.
Diferentes linguaxes e estilos pero un mesmo concepto: a música contemporánea, a do noso tempo, a irreverente, a inconformista.
O centro do mundo zanfoneiro está na Ferrolterra por un fin de semana. Con certeza, a meirande concentración de zanfonistas da Península e unha das máis específicas de Europa.

Instrumento milenario, sintetizador medieval, máquina de sons de xograres, cegos e romarías que hoxe acadou unha alta sofisticación. É precisamente Valentín Clastrier o seu renovador; o gurú que mudou o concepto de instrumento “tradicional” e o levou técnica e estilisticamente a cotas inimaxinables hai tres décadas.
O seu maxisterio influíu profundamente nas xeracións seguintes e Matthias Loibner e Germán Díaz son un dos mellores exemplos da continuidade deste estilo inquedo e contemporáneo.

Tres Mestres que comparten a zanfona como medio de expresión artística.

Este IV Encontro é a edición máis completa, universal e experimental de todas as celebradas. Os apaixonados do instrumento non terán oportunidade de ver xuntos estes tres xenios en moito tempo e en calquera outro lugar.

Inclúese o espectáculo “Proyecto Miño” presentando o seu CD. O contrabaixista local Baldo Martínez lidera unha formación internacional de 1ª liña que interpretarán, en clave de jazz contemporáneo, un repertorio inspirado na música de raíz das terras do Miño fronteirizo. Valentín Clastrier e Germán Díaz formarán parte da ensemble.
Tamén no marco máxico do Teatro Jofre, os virtuosos Matthias Loibner e Germán Diaz tocarán en solitario.
Todo isto súmase a un curso intensivo con Valentín Clastrier no mosteiro de Baltar nunha fin de semana de convivencia cun concerto de participación aberta e jam session o sábado á noite.

Se gostas da música, debes vir; se amas a música, non o podes perder.

Biografías concisas, horarios e prezos:

Valentín Clastrier (Francia 1949). Seguramente o zanfonista máis reverenciado do mundo. De formación clásica, chega ao instrumento cara o 1970, sen pasar polo repertorio tradicional. Compositor carismático e experimental, é o “pai” da técnica actual da sanfona. Nos anos 80 desenrola canda o luthier Denis Siorat a zanfona electroacústica.

Autor de media ducia de discos específicos para o instrumento, ten colaborado con artistas de música contemporánea coma Louis Sclavis, Michel Godard ou Carlo Rizzo.

Matthias Loibner (Austria,1969). Zanfoneiro dende 1990 e músico universal, ten tocado con instrumentistas de tódolos continentes. Especialista en música barroca e coautor dun método para zanfona, forma parte de proxectos tan interesantes coma Zykado ou Deishovida.

Desta volta, vén a Ferrol como solista onde amosará o seu virtuosismo e capacidade coma compositor de fermosas e vibrantes melodías.

Germán Diaz (Valladolid 1978). Músico novo de consolidada traxectoria e dominador de diferentes linguaxes (compositor e colaborador para música de teatro, jazz, folk, rock, pop,…) trae ao Encontro “O sea, ?”, espectáculo que xira en torno a tres instrumentos de manivela: zanfona, caixa de música e órgano de Barbaria.

HORARIOS:

VENRES 29. Teatro Jofre. Ferrol. 20.30 h
 Concerto Proyecto Miño.
SABADO 1. Mosteiro de Baltar. Narón
Curso con Valentin Clastrier. 10 - 19.30 h
Palco aberto. 21.30h
DOMINGO 2. Curso Valentin Clastrier. Mosteiro de Baltar. 10 – 14 h
Concerto. Germán Díaz / Matthias Loibner. Teatro Jofre. 20 h
Prezos participación:
-Curso: 60€ (asociados ao CMTF)
-Estancia=40€ (comidas e réxime de albergue no mosteiro Baltar + transporte a concertos)
Detalles:
-Curso de prazas limitadas
-O Curso inclúe entradas a concertos + material docente 
-Estancia: en réxime de albergue dende venres 18 h ate domingo serán.
-Transporte: Bus entre o Teatro e o Mosteiro.
-Prazas para acompañantes (non atenden curso).
-Os músicos do palco aberto terán manutención de balde toda a fin de semana.  

Comentarios

1. Raúl Cantizano - 25 de Xaneiro, 2008

hola me gustaría asistir al curso y los conciertos, donde y como me puedo inscribir…voy desde Sevilla, como puedo llegar si voy en avión. Gracias

2. Sanfono - 28 de Xaneiro, 2008

En breve saldrán todos los detalles del encuentro y ptos para apuntarse