jump to navigation

III Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste

29 de Abril 2008 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Concursos,Formação,Novas
Trackback

Os días 6, 7 e 8 de xuño celebrarase en Poio o III Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste.

Entre as actividades organizadas destacan: Relatorios, o V concurso de gaiteiros MANUEL VILLANUEVA, a Xuntanza de Gaiteiros e moitas máis novidades.

CARTEL III ENCONTRO GAITEIROS.jpgDescarga a información

PROGRAMA III ENCONTRO INTERIOR.jpgPROGRMA III ENCONTRO GAITEIROS.jpg+info


Actividades do Encontro:
1.- RELATORIOS a cargo de prestixiosos especialistas para o estudo da gaita galega no contexto do gaitas de fol do noroeste peninsular no que se analizan as distintas variantes morfolóxicas do instrumento por áreas xeográficas.
ASTURIAS
El repertorio y la ornamentación en la gaita asturiana
Xuacu Amieva
GALICIA
A recuperación da gaita de Poio: O modelo tombal con ronquillo de Manuel Villanueva
Carlos Real, Manuel Fernández, Xosé Piñeiro “Nebra” e Oscar Ibáñez2.- V Concurso de Gateiros MANUEL VILLANUEVA a través do que se potencia e se difunde o repertorio da tradición gaitística de Poio e tamén se recupera a gaita tumbal con ronquillo de dixitación pechada que tivo presencia no noso municipio e mais en Pontevedra até a súa desaparición a mediados do s. XX. Poderán participar todos os gaiteiros que vo desexen con gaita galega en calquera tonalidade e dixitación.PREMIOS:

1º Premio ………………………………………………… 1.500 €, diploma e trofeo
2º Premio ………………………………………………… 1.100 €, diploma e trofeo
3º Premio …………………………………………………… 800 €, diploma e trofeo
Premio especial MANUEL VILLANUEVA …………… 1.200 €, diploma e trofeo

O concurso gravarase en directo co fin de editar un CD.
3.- XUNTANZA DE GAITEIROS é unha romaría na que non faltan polbeiras e rosquilleiras, así como artesáns de instrumentos tradicionais, de coiro, etc. Durante todo o día hai un escenario con micros abertos dende as 10 h para a participación musical libre de todos aqueles solistas ou grupos de música tradicional que o desexen.

Como actividades paralelas presentarase o CD do IV Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA e o nº 11 da revista Etnofolk que recolle os artigos dos relatorios do I e II Encontro, haberá alboradas a cargo de grupos locais e concertos.

Toda a información no folleto adxunto: horarios, prazos e enderezos para a inscrición nas distintas actividades, bases do concurso, etc…

www.oscaribanez.com

Comentarios

Comentarios fechados