jump to navigation

Ciclo Músicas Portuarias

17 de Maio 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

Ciclo Musicas Portuarias

A Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque presenta a organización do Ciclo de Músicas Portuarias promovido polo Concello de Ferrol que terá entre Xuño e Xullo e ao longo dun mes, unha serie de concertos e actividades ao redor do concepto de música e os portos. Un cartaz de grupos de nivel internacional e dimensión oceánica:

Actividades: Sábado 5 Xullo

Porque non hai mar sen porto, nin porto sen taberna, nin taberna sen canción. Unha canción dando a volta ao mundo en cada peirao colle un particular acento.

Música de “vai e vén”, ecléctica, aberta, infinda.

As viaxes recollidas polos músicos do noso tempo chegan a Ferrol da man do Ciclo de Músicas Portuarias.

Unha cita entre o 20 de Xuño e o 11 de Xullo con música mariñeira na cidade departamental que, dende as súas orixes na vila de pescadores do Ferrol Vello ao futuro das autoestradas marítimas, tivo coma referente cultural o MAR.

A música portuaria do fado espallado polo mundo chega con Mísia . A elegancia portuguesa, unha diva innovadora do fado que entrou na historia do seu propio arte. Presentará o seu último traballo, ‘Lisboarium’, un canto á capital lusa con textos dos grandes poetas portugueses sobre música de fado tradicional.

Dende a quinta provincia galega, a música porteña do tango estará representada por Marcelo Mercadante, un virtuoso do bandoneón e un dos novos valores de Bos Aires -vive hoxe en Barcelona. Acompañado do Quinteto Porteño, veñen cun repertorio tradicional e composicións propias.

Nos peiraos do cantábrico astur, a tonada colleu xeito con influencias mariñas e hoxe está a recibir un novo pulo coa voz de Anabel Santiago que nuns poucos anos actualizou intención e maneiras neste xénero. Mellor canción e disco nos premios Amas 2008, foi a artista máis nova en ter unha rúa en Oviedo co seu nome (aos 19 anos!).

Na nosa costa, a música popular urbana galega , os antigos ‘bailes de salón’ adquiriron extraordinaria relevancia sempre abertos a novas músicas e danzas nas que agora se inspira Marful, o grupo revelación da música galega actual, gañadores do premio ao mellor disco do ano 2006 na Radio Galega.

O Ciclo, ademais, complétase con dous actos paralelos:

-Un paseo en lancha pola ría de Ferrol amenizado con música ao vivo de acordeón diatónico e zanfona: Dúo Carlos Quintá e Óscar Fernández.

-Un espectáculo musical infantil: A Montaña Máxica con Stranniki e Manolo Panferreteiro.

Comentarios

1. Gustavo Ribeiro - 2 de Marzo, 2009

Ola! Amigos!

Um grande compositor e músico brasileiro irá se apresentar en questo festival. Chama-se Fred Martins.

Fred, que é meu amigo está mui ansioso para estar logo aí e poder mostrar su arte para todos aí!

Até lá amigos!!