jump to navigation

I Concurso de Cuartetos Tradicionais Festas de Ourense

12 de Xuño 2008 - Enviado por Folque a: Axenda,Concursos,Novas
Trackback

Anúnciase a convocatoria pra o Concurso de Cuartetos das festas da cidade das Burgas. As bases dispoñibles aquí –bases de concurso-, ou na web do concello www.ourense.es

Cartazconcurso_Ourense.jpg

É un prazer convidarvos a participar, do xeito que queirades e poidades, no I Concurso de Cuartetos Tradicionais Festas de Ourense, que se desenvolverá os vindeiros 28 e 29 de xuño, unha excusa mais para desplazarse ate Ourense e desfrutar das festas da nosa cidade. Unhas festas nas que, este ano sí, a cultura galega será protagonista, cun espazo propio no que disfrutar dela “cos cinco sentidos”, e na que terán lugar eventos coma a celebración dun día adicado ao Traxe tradicional esa misma fin de semana, degustacións gastronómicas, exposicións audiovisuais, concertos, e moita, moita festa… Así que reservai esas datas!!!

En breve agardamos que as bases do concurso queden colgadas na web do Concello de Ourense (www.ourense.es), mais para calquera aclaración ou información adicional non dubidedes en consultarnos neste mesmo enderezo

Por se acaso, tamén tedes as bases aquí…(ou na web do Concello de Ourense)

http://gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/ConcursocuartetosFestasOurense.pdf

+info: Oscar Freire 639444426 Fran X Gómez 606777718

cuartetosourense@gmail.com

Unha aperta gaiteira

Galegapoloscincosentidos

Descárgate dende esta páxina o arquivo en PDF das bases:

Bases I Concurso Cuartetos das festas de Ourense

Comentarios

Comentarios fechados