jump to navigation

Ciclo de Músicas Portuarias. Máis detalles

12 de Xuño 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

PortuariasLembrade que a Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque está a organizar -canda o Concello de Ferrol a través da concellería de Cultura- o Ciclo de Músicas Portuarias. Aínda que este ano estivemos sen curso regular, tentamos manter a calidade das produccións que dende aquí se deseñan.

Esta ocasión para adicar un festival ás músicas populares dos portos, das tabernas, de ritmos “ida e volta”, misturados, eclécticos…

Este será un festival de música mariñeira na excelencia do Teatro Jofre como escenario principal mais tomando outros espacios da cidade coma a Capela do Torrente Ballester -antigo Hospital- e as míticas lanchas que transportaban os habitantes da bisbarra pola ría entre Mugardos, San Felipe e Ferrol.

Un cartel de dimensión internaional con Mísia como estrela pero sen esquecer novos valores coma Anabel Santiago ou Marcelo Mercadante ou os xa consagrados Marful.

Concertos no Teatro Jofre ás 20.30 tódolos venres:

Entradas: 12 e 9 € -Mísia a 18 e 12 €-

Abonos no despacho de billetes do Jofre: 30 €

E ADEMAIS, actividades paralelas o 5 de xullo

Saídas do peirao de Curuxeiras ás 12, 13 h. Billetes para xente con abono. Previa reserva

Comentarios

Comentarios fechados