Cabarédeambulante
30 de Xuño 2008 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Escea,NovasTrackback
A Compañía Femme Fatale estrea o seu novo espectáculo de rúa titulado “CaBaReDeAmBuLaNtE”
O marco escollido foi o IV Festival Internacional VISIBLE de cultura LGTB de Madrid.
Durante dúas únicas funcións, unha en San Fernando de Henares e outra no madrileño barrio de Chueca, o 27 e 28 de xuño, respectivamente, a compañía coruñesa tivo a ocasión de amosar o seu novo espectáculo .
Música dixie da man dos vigueses St James Strett Band, e un novo concepto de animación e celebración de rúa cos actores e actrices Cecilia Campos, María Manero, Débora Botana, Maisha Ramos, Jesús Graña “Chusmi” e Nelson Quinteiro.
Coreografías, intervención, e unha celebración e explosión de color de máis de dúas horas de duración.
Provocación, desperreche, moito descaro, ambigüedade e altas doses de glamour.
Unha volta de parafuso en torno ao vestiario grazas sobre todo aos talleres Felicidad García, e bisutería por cortesía da marca B&G Complementos
Como foi? Pois unha auténtica fábula para os integrantes da compañía e da banda, que xa quencen motores para as seguintes funcións; o día 10 de xullo en Muros e o día 17 de xullo na Pobra do Caramiñal.
Tedes máis imaxes visitando o blog www.terceirope.blog.com
Comentarios
Comentarios fechados