Onde?
aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, ten a súa sede no barrio de Vista Alegre en Santiago de Compostela.
1. Oficinas administración.
Rúa Salvadas 22, baixo. 15705.
Teléfono: +34 881 031 829
Horario de apertura ao público:
- Luns- 16-18 h
- Martes a venres- 10 a 14 h e 16 – 18 h
- Sábados- 10 a 14 h
2. Centro de ensino aCentral Folque Compostela
Parque de Vista Alegre, s/n. 15705
O edificio de ensino de aCentral Folque Compostela comparte sede coa Escola de Altos Estudos Musicais no Parque de Vista Alegre, antiga finca Simeón.
Comentarios»
Moi ben!!! Graciñas por nos ter tan informados. O plano axuda moito,que eu sendo picheleira de toda a vida andaba algo perdida 😉
Ola. As classes dam-se em galego? Ou Castelhano?
Ola Denis,
as classes som em galego
Olá! Chamo-me Tiago Soares e sou do Porto, Portugal.
Gostaria de saber se as aulas também estão destinadas a gente de fora do vosso país!
Estou neste momento a frequentar o curso de percussão de orquestra (tímpanos, marimba, vibrafone, caixa, etc..) no conservatório regional de Gaia (uma localidade ao lado do Porto) e entretanto gostaria imenso de poder ter aulas com o Francisco Estévez “Chuco” nas percussões tradicionais galegas.
Já tive uma pequena formação com a Maria Xosé Lopez em tamboril e ritmos galegos.
Cumprimentos e aguardo resposta!
Ola. Son unha estudiante en arquitectura en Suiza e o edificio interesame polo seu estilo, podríanme dicir quen é o arquitecto que o realizou. E onde podo encontrar fotos interiores e esteriores do edificio poque en internet non atopo nada.
Ola Natalia,
o edificio foi deseñado por Antón García-Abril -fillo do compositor homónimo- e construído nos primeiros anos do novo século. Podes atopar máis información na web do arquitecto (www.ensamble.info) e fotos.
É un edificio moi rotundo, pechado pero luminoso. Moi bonito para sacar unhas fotos e moi suxerente pero con grandes problemas de funcionalidade e erros no deseño. Coma o do lucernario cenital, un intento moi interesante de buscar un oco que conecte todo o espacio central do edificio para iluminalo interiormente. O problema é que ademais de inundar todo de luz, transmite calquera sonido dentro do edificio, o que nunha escola de música, non resulta práctico. Ademais o aillamento acústico é bastante deficiente entre as aulas.
De todos os xeitos, a grande eiva é o escaso uso que a Escola de Altos Estudos Musicais, xerentes do edificio, lle dan, resaltando a frialdade e deshumanización do deseño orixinal, moi bonita e atractiva para a foto e que conforta o espírito do visitante e do estudante de arquitectura, pero para os que somos usuarios regulares resulta un espazo baleiro e que non fomenta a relación social.