jump to navigation

Laboratorio de Sons da AFI

O Laboratorio de Sons é unha sección básica da Aula Folque Infantil (AFI) de Pontevedra. É un espazo que pon en práctica os contidos das clases nunha produción escénica. Promove nos nenos e nenas a concepción e deseño colectivo da montaxe dun espectáculo multidisciplinar anual e na edición dun CD co material gravado ao longo do curso.

O Laboratorio está organizado en tres seccións:

Comprende unha aprendizaxe práctica e lúdica de aspectos e técnicas relativas a diferentes artes: composición musical, execución instrumental, canto, danza, acción dramática, creación de contidos narrativos, coreografía, declamación, montaxe escénica, deseño de vestiario, gravación audiovisual…

O Laboratorio de Sons conecta o alumnado co proceso de concepción e desenvolvemento dun produto escenográfico. Os profesores canalizan as súas ideas e esforzos para que sexan os autores reais de cada proxecto.

O Laboratorio ten lugar cada sábado á mañá durante 2 horas e está aberto tamén ao alumnado AFI doutros anos.

A consecuencia despois de catro anos de actividade é a consolidación da Compañía Infantil da AFI, integrada por tódolos seus alumnos -actuais e antigos- e directores e encargada de montar un espectáculo diferente cada ano. Ademais edítase un CD que representa a tendencia e composicións de cada curso.

laboratorio