jump to navigation

DUF

O Encontro Internacional de Pandeiros de Mao chega a súa V edición. Consolidado como un referente no seu xénero posto que o seu concepto local é tamén exótico e universal, fixo que acadase grande repercusión en ámbitos especializados na crítica musical. Este festival é un evento particular entre o gran público que se achega a Pontevedra cada ano.
Nas primeiras edicións do Encontro contouse con figuras destacadas como Eliseo Parra (Castela), Xavier Leturia (Euskadi), Soltxu Rodríguez (Cantabria), Henrique Peón ou Carlo Rizzo (Italia). Desde a primeira edición, o peche do encontro estivo representado polo Serán Urbano que reúne a tocadores de pandeiros de mao (pandeiras, pandeiretas) de toda Galiza enchendo as prazas de Pontevedra de cantos e bailes e congregando a un público numeroso.

Unha dimensión pública

Para a V edición, o Centro Galego de Música Popular deseñou este festival DUF, verba de orixe árabe -presente xa nas cantigas medievais- da que derivou adufe, nome co que tamén se denomina ao pandeiro.
DUF vai dirixido a todos os públicos sen descoidar a programación de actividades para investigadores e músicos -master class, exposición do adufe histórico de Perfecto Feijoo, presentación edición monográfica de Etnofolk sobre os pandeiros de mao…-
Ademais no Auditorio de CaixaNova terán lugar 3 concertos de luxo: Leilía (Galiza), Barbod (Irán), Mohamed El Sayed (Exípto)
O Serán Urbano, feira de artesanía musical, taller de construción dun pandeiro, punto de información cunha exposición temática, venda de material bibliográfico e audiovisual, mostra de pandeiros de mao terán lugar nunha carpa/haima situada na Praza da Ferreria.

Un novo concepto: as influencias árabes

Porén, DUF remarca o carácter internacional do Encontro dirixíndose á tradición musical árabe, pobo que introduciu na Península os pandeiros de mao, os instrumentos máis populares en Galiza dos últimos mil anos.
A presenza da cultura árabe reflíctese non só nos artistas (de Irán e Exipto) que virán este ano, mais tamén por parte dos colectivos de inmigrantes asentados no noso país que mostrarán a súa cultura.

O Encontro Internacional de Pandeiros de Mao é unha produción exclusiva de aCentral Folque -Centro Galego de Música Popular- para o Concello de Pontevedra.

Programa DUF

Localizacións do festival

Biografías dos artistas

logoDUF

Fotos do festival

Comentarios»

Ainda nengún comentario, queres ser o primeiro?