Gaita antiga
Este curso estará impartido por catro mestres gaiteiros atendendo cada un a diferentes aspectos deste instrumento cun enfoque de estudo e práctica sobre xeitos de interpretación antiga, tipoloxías e estilos.
- Está orientado a intérpretes iniciados no instrumento.
- O curso é un paquete completo, non se reducirá a taxa de inscripción por non atender ás sesións de cada docente.
- Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais
- Prezo: 260 €
- Horario: de 18 a 20 h
Imparten:
“Gaitas troncais”
Data: 27 de febreiro (2 h)
Prezo: 20 €
- Clase maxistral coa exposición da “teoría crítica” da evolución das gaitas máis antigas.
“A gaita de fol e a dixitación pechada nas marxes do Lérez”
Data: 6, 13, 20, e 27 de marzal (8 h)
Prezo: 80 €
- Nocións xerais: contexto, instrumentos, afinación, repertorio, interpretación.
- Análise da dixitación pechada en base ao modelo de gaita de Manuel Villanueva.
- Análise da dixitación semipechada de Ricardo Portela.
“Tipoloxías, dixitación e repertorios nas gaitas de fol galegas”
Data: 3, 17, 24 abril e 8 maio (8 h)
Prezo: 80 €
- Historia e evolución: tipoloxías ibéricas. A gaita de fol sinxela: distribución, dixitacións e repertorios.
- A gaita de fol de ronquillo. Distribución, dixitacións e repertorios propios nas provincias da Coruña e Pontevedra.
- A gaita de fol de catro voces. Distribución, dixitación e repertorio nas comarcas de Arzúa e Terra de Melide.
- A gaita de barquín e a rosca do Baixo Miño. Distribución, dixitación e repertorio na comarca do Baixo Miño.
“A gaita clásica: tempero, dixitación e repertorio”
Data: 15, 22, 29 maio e 5 xuño (8 h)
Prezo: 80 €
- Tempero: colocación de brazos, mans e dedos, situación do fol, soprido
- Dixitación pechada: antecedentes históricos, dixitación clásica, dixitación moderna.
- Recursos de interpretación: definición e representación na partitura. Referencia vocal
- Repertorio: xéneros e melodías de pezas históricas ou significativas.
Pincha nos nomes para coñecer unha breve biografía de cada un
Comentarios»
Ainda nengún comentario, queres ser o primeiro?