Canto
Este curso estará impartido por tres mestres atendendo cada un a aspectos específicos do canto.
- Está orientado a intérpretes iniciados no canto de calquera estilo.
- O curso é un paquete completo, non se reducirá a taxa de inscripción por non atender ás sesións dalgún docente.
- Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais
- Prezo: 220€
- Horario: depende de cada sección
“Técnicas de canto en grupo”
Data: 27 febreiro, 6, 13, 20 marzal (8 h)
Prezo: 80 €
Horario: 18 a 20 horas
Sinopse:
- Nocións xerais: repertorio galego e doutras culturas, afinación, equilibrio das voces, empaste, sincronicidade da respiración,…
- O canto unísono: escoita e balance da voz, afinación, expresividade.
- O canto polifónico: educación do oído harmónico, independencia melódica, selección de repertorio segundo niveis.
“Técnica vocal e interpretación”
Data: 27 marzal; 3, 17, 24 abril (12 h)
Prezo: 120 €
Horario: de 18 a 21 horas
Sinopse:
- Aspectos técnicos básicos: relaxación, respiración, o corpo humano coma elemento resonador.
- Aplicación da técnica vocal en cancións.
- Texto cantado e a súa integración no corpo.
“Repertorio de Bergantiños con pandeireta”
Data: 16 maio (8 h)
Prezo: 80 €
Horario: 10 a 14 h e 17 a 21 h
- Presentación da comarca.
- Ritmos: maneos ou jotas, muiñeiras (novas ou punteadas, vellas ou ribeiranas, corridas), pasodobles ou agharrados, mazurcas, valses, chotis.
- Cantos (oficios, certas épocas do ano, acontecemento social, de berce)
Repertorio
Comentarios»
Ainda nengún comentario, queres ser o primeiro?