Adufe
Imparte: LUIS PREGO
“O adufe de Galiza e Portugal”
- Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais
- Prezo: 140 €
- Datas: 9, 16, 23 e 30 maio; 6, 13, 20 e 27 de xuño (12 h)
- Horario: 11 a 12.30
- Curso sobre o pandeiro cadrado e canto o que acompaña
Sinopse:
- Introdución: organoloxía, análise de construción e contextualización xeográfica.
- Documentación: escoita e visualización vídeos de pandeiros cadrados peninsulares, atendendo as peculiaridades galegas e do norte de Portugal.
- Xeitos de agarre, posición de mans, sonoridade, toques recompilados.
- Repertorio conservado e toques.
BReve biografía de Luis
Naceu en Vigo no ano 1971. Empezou no mundo do folclore a idade de 5 anos e imparte aulas de baile e música tradicional dende 1991 co material que recompila facendo traballos de campo por toda a xeografía galega.
Na actualidade é director dos grupos Brincadeira, Tralovalo, Adonairare e Albendeira, e membro do grupo de música folque Ardentía.
Comentarios»
Ainda nengún comentario, queres ser o primeiro?