jump to navigation

Zanfona

zanfona

Son os cegos os grandes cronistas, os contadores de historias, de feitos incríbeis que oíron e transmitiron, para engaiolar o maxín do seu público.

É na feira, na romaría onde os ouvintes escoitan as máis escuras, enredantes e retranqueiras coplas. Romances reelaborados e actualizados. Son mundos compartidos do imaxinario popular. Son muxicas e charamelas.

Os contos dos cegos andantes eran engalanados co chamamento dunha zanfona. A chamada de atención, o trebello musical que aínda nos segue a abraiar e sorprender.

Avant-garde en Narón

O Encontro coa Zanfona Contemporánea cumpre un lustro. Logo de catro edicións xa se consolida como referente deste instrumento milenario.

Anos anteriores acercáronse até Narón algúns dos mellores tocadores de Europa: Valentin Clastrier, Gilles Chabenat, Marc Egea, ou os galegos Anxo Lois Pintos e Óscar Fernández.

Nesta edición miramos de novo ao lugar que máis zanfoneiros concentra, ao máis vangardista e con máis viva tradición: o centro  de Francia.

O mestre convidado é un deses novos valores: Grégory Jolivet.

Xarnege, quinteto transfronteirizo de Euskadi e Gascuña, compartirán palco na noite do venres.

Como novidade, presentaremos o Encontro na Feira do Trece na parroquia de Sedes. O dúo Sobre Rodas (Luís Correa “O Caruncho” e Carlos do Viso) serán os responsábeis de que a zanfona volva a escoitarse na feira, na romaría.

Ademais…

para escolares:

para músicos:

máis información:
info@folque.com
+34 881 031 829

Consulta aquí o programa.

Consulta aquí unha breve sinopse dos participantes.

Infórmate aquí para a inscrición do curso con Grégory Jolivet

logonaronlogoaCF

Comentarios»

Ainda nengún comentario, queres ser o primeiro?