jump to navigation

Elenco do V Encontro coa Zanfona

banner

Os Encontros coa Zanfona Contemporánea é un festival organizado tematicamente ao redor deste instrumento que ten presencia continuada no noroeste peninsular desde o século XI. Pretende ser un lugar de encontro para interesados, curiosos, estudosos e intérpretes de calquera estilo musical. Ten unha orientación pedagóxica e escénica e busca dar a coñecer modos expresivos, artísticos e lúdicos novos deste “violín con manubrio”.

A selección do elenco artístico e docente baséase nun criterio de profesionalidade e adicación por parte dos convidados a todos os encontros deste e doutros anos.
Para esta edición, contamos con novos valores europeos para os concertos e distinguidos estudosos do estado.

Fai click en cada unha das entradas para saber máis: