Creación dun personaxe
Mestra: Pepa Yáñez
Descrición do curso: Estimular a imaxinación e creatividade dos rapaces e rapazas a partir do descubrimento dun personaxe creado desde eles. A partires do xogo teatral o personaxe/actor crece e reacciona descubrindo novos rexistros e adquirindo roles diferentes fronte a colectividade coa que se relaciona. O xogo da improvisación.
Para nenos e nenas entre 5 e 15 anos
Pepa Yánez é actriz, cantante e especialista en música tradicional galega, participou nos grupos Liñaceira, a Banda Melgacha e a Banda das Crechas. Comeza a indagar no xénero do cabaré galego co grupo Pepa & Davide xunto con Madamme Cell, e en teatro coas compañías Teatro do Aquí, A Factoría, Berrobambán, Cachuzo e Grupo Chévere.
Comentarios»
Ainda nengún comentario, queres ser o primeiro?