jump to navigation

que fixemos?

A información que aparece neste apartado pertence ao tempo no que folque.com era o portal da escola con sede en Lalín. A última actualización é do ano 2006.

“muito arte e un pouquiño de amor” Manuel Quiroga

Desde o equipo do CMTF queremos dizervos que depois destes 5 anos tamos orgullosos/as e contentos. E damoslle as grazas a toda a xente que colabora con nós sabendo que “outro mundo musical é posibel” e que o futuro da música galega faise todos os dias.

A Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque
(CMTF) nace coa intención de cubrir un baleiro educativo: a producción e a divulgación cultural no mundo da música galega. Debido á gran repercusión que están a ter as músicas tradicionais, o equipo do CMTF entendeu que era preciso e de vital importancia para adquirir unha formación especializada a creación dun centro formativo onde se impartise, baixo unha marcada liña metodolóxica, unha docencia razoada, efectiva, coñecedora da tradición e dos camiños da creación, tanto para os adultos como para os cativos/as.

A asociación ten como local social actualmente o Auditorio Municipal de Lalín, situado na comarca do Deza e está traballando, en primeira instancia, para ela e para os núcleos de poboación próximos, aínda que tamén dirixe a súa oferta formativa a cidades como Compostela, Ourense, Pontevedra, Lugo ou Vigo. O alumnado ven desde Serra de Outes, Sarria, Santiago, de distintos puntos do pais. Así o centro é tamén un lugar de encontro activo, adaptado ás necesidades específicas do campo musical galego, cun carácter aberto e innovador, baixo unha aposta europeizante.

A Asociación Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín desenvolveu un plan de estudos creado desde o centro, coa intención de avanzar na normalización do ensino deste tipo de música. O programa de estudos que se imparte segue un currículo planificado que busca unha formación integral no alumnado, non só unha superación como instrumentista ou cantante, senón a aprehensión duns valores e coñecementos básicos para coñecer, comprender e respectar a música de raíz.

Asemade, desenvolveu unha serie de actividades paralelas ao ensino, como foron: monográficos de formación permanente, o Ciclo de Músicas Tradicionais no Ano da Música de Pontevedra 2004, I e II Encontro de Acordeón Diatónico en Lalín e Bertamiráns, o 1º Congreso Galego de Antropoloxía Musical, excursións musicais, intercambios, etc… ou xunto coa USC o 1º Postgrado en Música Galega.

O coñecemento de novas técnicas musicais e artesanais, a constante reelaboración da música de raíz, a atención ás edicións discográficas, o estudo das teorías contemporáneas sobre música patrimonial, o traballo escénico, a estimulación do espírito crítico, a valorización do patrimonio inmaterial galego-portugués… son conceptos e camiños vixentes no traballo de produción da asociación.

A música galega ten conta cun amplo abano de posibilidades no eido comercial, educativo e artístico. A asociación do CMTF co apoio da súa comunidade web www.folque.com (mais de 300 visitas diarias) está a ser un referente importante para o coñecemento e o achegamento dos profesionais e do público interesado polas músicas de raíz do mundo.

Memoria das actividades organizadas no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.

1º curso 2000

13 de abril Obradoiro de percusión do Norte Peninsular. Instrumentación: pandeiretas, culleres, pandeiros, tixolas… Imparte Eliseo Parra.
1 de xullo Concerto de Fin de Curso. (Presentación do traballo dos combos e alumnado do conservatorio no Auditorio Municipal de Lalín)
21 e 22 de xullo Cursos de verán. Cursos de Interpretación musical en colaboración con o Festival Foliada de Lalín. Acordeón Diatónico. Imparte Pedro Pascual
Sanfona. Imparte Germán Diaz
Expresión Corporal e Espacial. Imparte Lez Comeselle.
Txalaparta. Imparte FunTxala
Introducción ao Sound system. Imparte Warger Pa.

2º curso 2000-2001

8-9 de decembro Curso de construcción de palletas. Impartido por Antón Corral. (Universidade popular de Vigo)
16 de decembro Seminario de desinibición corporal Impartido por Mercé Pérez
20 de xaneiro Cursos intensivos. Frauta traveseira. Impartido por Jaime Muñoz
Mantemento e funcionamento da sanfona. Impartido por Jesús Reolid (Asociación Ibérica de la Zanfona) e Carlos Beceiro
20 de xaneiro 1º ENCONTRO GALEGO DE SANFONISTAS.Lugar. Auditorio Municipal de Lalín.
9 de febreiro TVG. Gala da gastronomía

  • Actuación do alumnado do Conservatorio: Begoña Fdez (voz), Carlos Quintá (sanfona), Joam Pedro Blanco (diatónico)
10 de marzo Cursiño de baile tradicional. Impartido Ana Maria de Dios
24 e 31 de marzo Curso de expresión vocal. Impartido por Cristina Dominguez (Directora de Factoría Teatro)
25-26 maio
21-25 maio
I CONGRESO DE ANTROPOLOXIA MUSICAL. Relatorios sobre o contexto:

    Marcial Gondar “Crítica da Razón Galega”
    Margarita Soto Viso “A canción galega”
    José Antonio Gómez “De etnomusicología española: notas de historia. Una aproximación al siglo XX”
    Mesa Redonda “A invención da Tradición”

Relatorios sobre o texto:

    Millán Picouto, “Uso do folclore na obra de Millán Picouto
    Rosa Maria Torres “As canções tradicionais no ensino e a sua perspectiva didáctica no conceito de Zoltán Kodály”
    José Luís do Pico Orjais “Metodologia e análise da música patrimonial”

Exposición de tecidos tradicionais. Colabora Museo do Pobo Galego
Proxección de vídeo e “Os Dezas de Moneixas“. Presentación e homenaxe. Colabora CGAI (A Coruña)
Proxección películas documentais da época. Colabora Consello da Cultura Galega.

  • Nuestras fiestas de allá, 1928
  • Galicia y Buenos Aires, 1931

Clausura. Concerto a cargo dos Combos Folque do C.M.T.F de Lalín

Presentación-concerto do disco “O Gaiteiro do Fragoso de Henrique Otero. Do Fol. Boa Music

21 e 22 de xuño Cursos de verán. Cursos de Interpretación musical en colaboración con o Festival Foliada de Lalín. Curso de sanfona impartido por Germán Diaz
Curso de construcción de palletas impartido por Antón Corral (U. P. Vigo)
Curso de Metodoloxía do Traballo de Campo impartido por José L. do Pico
Curso de baile galego impartido por Chús Caramés e CarlosVidal
Curso de tambor e bombo impartido por Manolo Alonso e J. María Gutierrez
30 de xuño Roteiro musical pola Serra do Candán organizado polo alumnado do Conservatorio.
1 de xullo Concerto de Fin de Curso. (Presentación do traballo dos combos e alumnado do conservatorio no Parque de Loriga. Lalín.)

3º curso 2001-2002

10 e 11 de novembro Excursión pedagóxica. Museo da Gaita de Xixón e Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Lugo.
15 de decembro MASTER CLASS. GRANDES MESTRES DO FOLQUE EUROPEO. Jacky Molard (violín),
Dominig Molard (percusión),
Jean Michel Veillon (frauta),
Erik Marchand (clarinete),
Jacques Pellen (guitarra),
Kalinka Vulcheva (voz).Coa colaboración do Pub Barriga Verde (Lalín), Aula de Música Tradicional Gomes Mouro (Ourense) a Sección Tradicional da Escola de música municipal da Coruña e Ínsua Music.
12 de xaneiro Curso de desinhibición vocal. Imparte Davide Salvado
2 de febreiro
8 de xuño
I CURSOS MONOGRÁFICOS. Monográfico de cordas folque: guitarra, mandolina, laude… Imparte Dani Sisto
Monográfico en pandereta galega. Imparte Davide Salvado e Uxia Pedreira
Monográfico Historia da música tradicional galega 1850-2000 Imparte Ramom Pinheiro
Monográfico de gravación musical. Imparte José Trincado
Monográfico de violín folque. Imparte Kim Farinha
9 de marzo 1º ENCONTRO GALEGO DE ACORDEONISTAS DIATÓNICOS. Lugar Pub Mundo Celta. Bertamiráns.
23 de marzo Curso de acordeón diatónico (Técnica e repertorio de Bretaña). Impartido por Loïg Troel
30 de marzo Obradoiro de txalaparta. Teoría e práctica do Instrumento. Impartido por Xavier Extnaiz e Juan ExtnaizCoa colaboración da Aula de Música Tradicional Gomes Mouro (Ourense).
30 de marzo Concerto percusión e voz. Alumnado da Aula de Canto do Conservatorio.Lugar: Residencia da terceira idade de Lalín.
6 de abril RADIO GALEGA. Programa Lume na Palleira Especial dedicado ao Conservatorio de Música tradicional e folque de Lalín.
Entrevistas
Actuacións musicais do alumnado
15 de xuño ESPECTÁCULO FOLQUE. Concerto de Fin de Curso. (Lugar. Auditorio Municipal de Lalín)
Presentación do traballo dos Combos do Conservatorio.
Presenta Luis Correa “O Caruncho”.
Invitada Sonia Levedinsky.
Presentación do grupo de voz e percusión experimental: Ecléctica Ensemble.
1 de xullo Mostra de canto difónico a cargo de Pierrot Diellet.

4º curso 2002-2003

16 de novembro ao
8 de febreiro
II CURSOS MONOGRÁFICOS. Monográfico de Percusión brasileira Imparte Xurxo Troncoso
Monográfico en pandeireta galega. Imparte Davide Salvado e Uxia Pedreira
Monográfico Historia da música tradicional galega 1850-2000 Imparte Ramom Pinheiro
7 de febreiro INTERCAMBIO Conservatorio de música tradicional e folque de Lalín – Centre Artesá Tradicionarius de Barcelona. Encontro de acordeón diatónico no C. A. T (Barcelona)
Músicos invitados Pedro Pascual e Uxia Pedreira
8 de febreiro INTERCAMBIO Conservatorio de música tradicional e folque de Lalín – Centre Artesá Tradicionarius de Barcelona. Concerto de Marful no C. A. T. (Barcelona)
14 de febreiro INTERCAMBIO Conservatorio de música tradicional e folque de Lalín – Centre Artesá Tradicionarius de Barcelona. Concerto de Pont d`Arcalís no Auditorio municipal de Lalín. Ciclo Venres Básicos
15 de febreiro INTERCAMBIO Conservatorio de música tradicional e folque de Lalín – Centre Artesá Tradicionarius de Barcelona. Curso de acordeón diatónico (Repertorio, técnica e investigación do diatónico nos Pirineos) Impartido por Arthur Blasco.
19 de febreiro RADIO GALEGA programa O Miradoiro. EntrevistasActuacións musicais do alumnado.
22 de febreiro Curso de aproximación ao flamenco. (Ritmos, palos, harmonias…) Impartido por Marcos Teira
22 de febreiro Seminario de harpa céltica. Impartido por Rodrigo Romaní (Director do Conservatorio de Música Tradicional de Vigo. Universidade Popular de Vigo)
8 de marzo Seminario de formación interno. História do canto popular. Evoluçom e contextos.
Impartido por Ramom Pinheiro
5 de abril Seminario de formación interno. História da gaitadefol. Evoluçom e contextos.
Impartido por Ramom Pinheiro
5 de abril Curso de cantos populares galegos. (Repertorio básico) Impartido por Uxia Pedreira
12 de abril Concerto. Duo Acordeón diatónico – requinta. Alumnado do Conservatorio.Lugar: Residencia da terceira idade de Lalín.
16 de abril ao
29 de xuño
III CURSOS MONOGRÁFICOS. Monográfico de Percusión afro-brasileira II Imparte Xurxo Troncoso
Monográfico en violino. Imparte Kim Farinha
26-27 de abril Excursión a Urueña. (Valladolid) Pobo con patrimonio musical onde haberá unha visita guiada no museo de instrumentos da Fundación Joaquín Diaz.
7 de xuño MOSTRA DE MÚSICA TRADICIONAL. Organiza: Asociación Ourensana de Folclore.
III Achegas ao folclore.
Concerto no Auditorio do Conservatorio de Ourense.
Invitados: Sección Folque da Escola Municipal de Música da Coruña e os Combos Folque do C.M.T.F. de Lalín.
14 de xuño Cursiño de baile galego. Imparte: Francisco Javier Feijóo. “Chisco”. Conservatorio de Música Tradicional de Vigo. Universidade Popular.
21 de xuño ENCONTRO DE INVESTIGADORES. Presentación do arquivo fonográfico de José Manuel Aldea.
Encontro sobre historiografía da música popular galega. Relatorios de José Luís do Pico Orjais e Ramom Pinheiro Almuinha.
21 de xuño II ENCONTRO GALEGO DE ACORDEÓN DIATÓNICO. Lugar: Pub Barriga Verde en Lalín.
28 de xuño CONCERTO FIN DE CURSO. FESTA FOLQUE. Subida en globo aerostático e pregón a cargo do artista lalinense Miguel Calvo.
Presentación do novo Combo Folque dirixido por Roberto Sala.

5º curso 2003-2004

4 de outubro Presentación do curso 03-05 e programa de estudios do CMTF no Auditorio de Lalín. Concerto do prof. Pedro Pascual e o alumno Carlos Quintá.
14 de novembro CURSOS MONOGRÁFICOS.
Monográfico de xestión laboral e intelectual para intérpretes e autores musicais.
Impartido polos advogados: Rosaura Rodriguez (Santiago) e Xavier Alonso (Vigo)
Monográfico de Cantos do mundo. Repertorio do Leste de Europa, America Latina, cantos hindús, xaponeses. Impartido por Pilar Araujo
21 de novembro Charla Coloquio “Proxectos culturais nas vilas galegas” na Casa da Cultura de Noia
Presentación do proxecto curricular de centro do CMTF de Lalín. Ramom Pinheiro.
Organiza: Asociación Cultural O Moucho de Noia.
29 de novembro Presentación e inauguración do Curso de Postgrado da USC “Curso de especialización en música tradicional galega” no Auditorio de Lalín coa presencia equipo docente, o concelleiro de cultural Román Rodriguez e os directores do postgrado Xavier Garbayo / Ramom Pinherio e Dona Carolina Roberson. CMTF – USC / Concello de Lalín.
Curso de Postgrado da USC “Curso de especialización en música tradicional galega”. Seminario: ” Introducción á etnomusicoloxía. “Dra. Dª Carolina Robertson, Universidade de Maryland
26 de decembro Obradoiro de canto tradicional para rapaces. Impartido por Pilar Araujo
Ciclo “Cantos e contos do Nadal”. Organiza: Asociación de amigos do Museo Galego da Marioneta. Viravolta. Colabora: CMTF de Lalín.
10 de xaneiro CURSOS MONOGRÁFICOS TRIMESTRAIS.
Monográfico de guitarra. Impartido por Ramón Feáns
Monográfico de pandeireta. Impartido por Davide Salvado
16 de xaneiro Presentación do cd-libro “Os Dezas de Moneixas” no Museo Ramón Aller de Lalín.. Edita Ouvirmos. Investigación: alumnado da Aula de Teoria e Método do CMTF de Lalín. Texto: Luisa Areán
Concerto: Froitos do Deza e Almunado de gaita do CMTF.
24 de xaneiro
31 de xaneiro
Monográfico de percusión brasileira. Impartido por Xurxo Troncoso
14 de febreiro Curso de Postgrado da USC “Curso de especialización en música tradicional galega” USC / Concello de Lalín / CMTF
Seminario: “A música tradicional: evolución, contextos e cambio social”. Dr. D. Josep Marti, Instituto Español de Musicoloxía-CSIC, Barcelona
21 de febreiro Curso de Postgrado da USC “Curso de especialización en música tradicional galega” USC / Concello de Lalín / CMTF
Seminario: “O cancioneiro galego de tradición oral: analise e tipoloxías”. Dra. Dª Dorothé Shubarth, Universidade de Basilea.
Cursiño de sanfona con Pascal Lefeuvre e Germán Diaz. Casa da Xuventude. Lalín.
13 de marzo Curso de Postgrado da USC “Curso de especialización en música tradicional galega” USC / Concello de Lalín / CMTF
Seminario: “Metodoloxía e técnicas de investigación en música tradicional”. Dr. D. Enrique Cámara de Landa, Universidade de Valladolid
19 de marzo Conferencia e video proxección sobre Benny Moré por Felix Contreras.
Presentación do libro “Yo conocí a Benny Moré” do escritor cubano Felix Contreras.
Curso de Postgrado da USC “Curso de especialización en música tradicional galega” USC / Concello de Lalín / CMTF
Seminario: “A poesia popular: o texto na música tradicional” Dr. Domingo Blanco
20 de marzo Monográfico de acordeón diatónico. Impartido por Cati Plana (ESMUC – Barcelona)
27 de marzo Monográfico de baile galego-danza contemporanea. Impartido por Jaime Diaz e Vicente Colomer (Nova galega de danza – A Coruña)
Monográfico cantos do mundo II. Impartido por Pilar Araujo
Curso de Postgrado da USC “Curso de especialización en música tradicional galega” USC / Concello de Lalín / CMTF
Seminario: “O traballo de campo” Dr. D. José Antonio Martín Herrero, Universidade de Extremadura
3 de abril Monográfico de percusión brasileira II. Impartido por Xurxo Troncoso
Curso de Postgrado da USC “Curso de especialización en música tradicional galega” USC / Concello de Lalín / CMTF
Seminario: “Música e etnicidade na Galicia contemporánea: A construcción dunha identidade musical galega” Dr. D. Luis Costa – Vazquez Mariño, Universidade de Vigo
10 de abril Seminario de introducción á analise musical do folclore galego.
Impartido por Jose Luis Dopico
17 de abril Convivio Agueda – Lalín.
Visita da A. C. D´Orfeu de Agueda ao CMTF de Lalín.
Obradoiro sobre cantigas galego-portuguesas. Monitores: José Luis Dopico e Ugia Pedreira.
Xantar de convivio.
Jam sesión. Pub Barriga Verde
24 de abril Presentación do cd-libro “Os Dezas de Moneixas” Ouvirmos no programa da RG “Lume na Palleira ” por José Luis Dopico.
24 e 25 de abril ANO DA MÚSICA EN PONTEVEDRA. Ciclo de músicas tradicionais.
Concello de Pontevedra. Ouvirmos. CMTF de Lalín.
Obradoiros infantís e xuvenís. Pazo da Cultura de Pontevedra.
Mostra interactiva de instrumentos populares do mundo. Monitor: Roberto Sala
Construcción de instrumentos populares. Monitor: Xurxo Troncoso
Baile galego. Monitora: Pilar Gonzalez
Cantos do mundo. Monitora: Pilar Araujo
Percusión e voz. Monitores: Xurxo Troncoso e Davide SalvadoCurso de Postgrado da USC “Curso de especialización en música tradicional galega” USC / Concello de Lalín / CMTF

    Seminario: “O papel da música tradicional na pedagoxía musical” Dra. Dª Rosa Maria Torres, Fundación Gulbenkian de Braga
    Talleres de interpretación musical. Profesorado do CMTF de Lalín e profesores asociados.
    1.. Acordeom diatónico. Profesor Pedro Pascual
    2.. Sanfona. Profesores Oscar Fdez. / Gutier Alvarez
    3.. Gaita. Profesor Edelmiro Fdez.
    4.. Percussom. Profesor Francisco Estevez
    5.. Canto. Profesores Ugia Pedreira / Xavier Diaz
28 de maio Ciclo Venres Básicos. Concello de Lalín
Presentación do Espectáculo folque do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.
RE ELABORA SONS.
30 de maio ANO DA MÚSICA EN PONTEVEDRA. Ciclo de músicas tradicionais.
Concello de Pontevedra. Ouvirmos. CMTF de Lalín.
Mostra de pandeireta peninsular: Xavier Leturia (Euskadi), Eliseo Parra (Castela), Maribel López (Asturies) e Henrique Peón (Galiza)
5 de xuño Presentación da revista CARTAFOLK e charla-coloquio: “Unha visión da actualidade do folk galego”.
Oscar Losada. Crítico musical e jornalista de “La opinion” da Coruña. Responsable dos Premios Opinión da Música Galega.
11 de xuño
19 de xuño
Presentación do controlador Midi con dixitación de gaita de José Presedo
Curso de Postgrado da USC “Curso de especialización en música tradicional galega” USC / Concello de Lalín / CMTF
Seminario: “Historiografia da música patrimonial”. Sr. D. José Luis do Pico, CMTF de Lalín.
26 de xuño Curso de Postgrado da USC “Curso de especialización en música tradicional galega” USC / Concello de Lalín / CMTF
Seminario: “Aproximación ós cancioneiros da música tradicional galega” Prof. D. Xavier Groba

Comentarios»

Ainda nengún comentario, queres ser o primeiro?