jump to navigation

MATRÍCULA

aCentral Folque Compostela abre o prazo de inscrición para o curso académico 2008/2009.

O formulario de prematrícula pódelo descargar ao final desta páxina.

Proceso de matriculación:

PREMATRÍCULA: Entregar o documento de prematrícula nas oficinas do Centro.

AUDICIÓN: proba de aptitude para determinar nivel de ingreso: instrumento e linguaxe musical

MATRÍCULA: formalización de matrícula do alumnado selecionado na proba de acceso.


Preguntas frecuentes:

Nas oficinas administrativas de aCentral Folque:
Rúa Salvadas 22, baixo. 15705 Santiago de Compostela

– entregando o formulario de prematrícula nas oficinas administrativas.
– enviando por correo electrónico o formulario web no enderezo: matricula@folque.com

superando a proba de acceso que terá lugar no centro de ensino de aCentral Folque [EAEM, Parque de Vista Alegre  s/n].
Datas:
– 3 de outubro: 16 h – 20 h
– 4 de outubro: 10 h -14 h

*A notificación do resultado da proba de ingreso, realizarase mediante correo electrónico.
*O horario das probas de acceso farase por orde de chegada ao centro.

150 € anuais por materia + seguro escolar.

*lembra que hai que entregar este formulario antes do 1 de outubro.
*cómpre ter instrumento propio.
*o número de prazas é limitado.

No correo electrónico: matricula@folque.com
No teléfono: 881 031 829
Descarga o formulario de prematrícula:

Comentarios»

1. Daniel Rodriguez Meiriño - 29 de Setembro, 2006

Uxia tentei matricularme e non fun capaz, eu non poido estar na presentacion do curso,estou no trofeo mundial acordeon Belgrado . Reservade unha praza en ac.e outra pro meu fillo pequeno .un abrazo paratodos Daniel

2. Ana Belén Chao Riádigos - 18 de Xaneiro, 2007

Sodes un bo espazo para ensinar música.

3. Xosé Pumar Armada - 18 de Xaneiro, 2007

Hola, son profesor de música no IES Armando Cotarelo de Vilagarcía e estou organizando un seminario de formación sobre informática musical. Desexaría saber se algun profesor do voso centro estaría interesado en impartir unhas horas de docencia sobre sistemas informáticos aplicados á música. Sé posíbel, resposten canto antes. Grazas pola atención.

4. gaitomano - 19 de Xaneiro, 2007

xa estas contestado por MP xose

5. Milena - 5 de Abril, 2007

Hola, acabo de abrir un blog centrado no violín onde teñen cabida todolos tipos de música e estilos, folk de diversos lugares, jazz, improvisación….a direccion é esta: http://cuerdasalternativas.blogspot.com/
un saúdo a todos
Milena

6. ANA - 1 de Maio, 2007

HOLA, O MEU NOME É ANA E GUSTARIAME SABER CANDO ESTÁN ABERTOS OS PRAZOS PARA MATRICULARSE NO CURSO DO 2007 DE GAITA, TAMEN ME GUSTARIA QUE ME ENVIASEDES INFORMACIÓN SOBRE O CURSO POSTO QUE SERÍA INICIACIÓN.

7. toño - 9 de Agosto, 2007

hola, son toño gustariame ter imformación do novo curso 2007 si é que quedan plzas para matricularse un saudo.

8. oscar exposito - 30 de Agosto, 2007

hola, adoro a musica folk, encantariame aprender a tocar a gaita ou algun outro instrumento, o problema e que eu de linguaxe musical nada, nunca estiben en ningun conservatorio ni nunca toquei ningun instrumento, hay algunha posibilidade ou algunha modalidade para xente coma min, e dicir algo parecido a tocar de oido ou algo asi?? espero resposta, moitas grazas.

9. Fernando - 17 de Setembro, 2007

Hola, estou interesado nos cursos de percusión e gaita, prazo de matrícula e demais. A gaita xa a toco, pero gustariame perfeccionar.

10. Silvia - 3 de Outubro, 2007

Ola,
Gustaríame ir ás materias de canto e percusión, como tería que facer? Cando comeza o curso?

11. Andrea - 11 de Outubro, 2007

Olaá! Chámome Andrea e gustaríame matricular para o curso 2007 2008, pero como lin que a matraicula esta fechada…en fin, supoño que poñeredes na páxina cando se poderá matricular outr vez, non?
ben, pois nada, que teño moitas ganas de estudar nese conservatorio. Felicidades polo voso trraballo!”!!

12. montse - 12 de Outubro, 2007

Gustaríame comezar clases de gaita ou acordeón. ¿sábese algo do inicio do curso e matrícula? moitas grazas.

13. Ana - 23 de Novembro, 2007

cando empezan as clases?

14. Beatriz Garcia Garcia - 24 de Novembro, 2007

Hola!
Son licenciada en historia e cc da música.E gustaríame realizar un curso de posgrado de música tradicional galega.
En ningún lugar de Galicia se oferta tal curso e a verdade que me encantaría poder facelo.
Moitas grazas.

15. Cristina Pico - 7 de Decembro, 2007

Hola artistas, boto en falta as clases do conservatorio folque, e non só as clases en sí…tamén á xente e o ambientillo. Como van esas negociacións??
Coidádevos, e se non nos vemos antes de despedilo ano, Boas Festas! e moita música!
Cris das Pontes.

16. laura - 9 de Decembro, 2007

Hola,gustaríame saber si na serra de outes dan clases de gaita,teño moita ilusion de aprender e non encontro a ninguen que me dea clases,e comentarónme que na serra de outes si daban clases e non sei como facer para matricularme.Gracias,

17. Lorena - 16 de Abril, 2008

Comentáronme que o Conservatorio Folque de Lalín íase instalar en Santiago de Compostela e queríame informar de tódolos requisitos para acceder á escola de música tradicional e se é certo que ven para Sabtiago.Grazas.

18. gustavo adolfo duen sanchez - 14 de Maio, 2008

hola, soy de mexico y quiero aprender a tocar a gaita galega, pues solo se tocarla de manera muy autodidacta pero queria saber que se necesita para poder inscribirse a su escuela, cuales son los costos de los cursos o de la carrera en gaita. un saludo

19. Andrea - 10 de Xuño, 2008

Ola, estudo en Santiago e gustaríame saber se a escola se vai montar en Santiago, viríame de pérolas, hehe, dende que coñezo a vosa escola teño moitas ganas de matricularme, e se encima vén para santiago, mellor que mellor, saúdos.

20. nando - 8 de Setembro, 2008

ola son de ourense,e teño 43 anos, e gustariame poder tocar a gaita, se algien me pode dar informacion este e u meu correo cid222@hotmail.com .gracias

21. Patrieira - 11 de Setembro, 2008

Aaai, coido que xa estamos desexando q comece o novo curso…. e a rumoroloxía é incesante ¿Para cando mais novas do conservatorio? 😉

22. Xocas - 12 de Setembro, 2008

Alguén sabe cómo vai o da matrícula este ano? É finalmente en Santiago?

23. Mon - 13 de Setembro, 2008

Son un alumno que estivo 3 anos matriculado en Lalín. Como podo matricularme? Podo matricularme nesta paxina?

24. Roberto - 15 de Setembro, 2008

Eu tamén son un alumno antigo e gustaríame saber o mismo que Mon. Saude pra todos/as.

25. Folque - 15 de Setembro, 2008

TODO ACTUALIZADO NA PÁXINA WEB.
SE HOUBERA ALGUNHA DÚBIDA:

matricula@folque.com
651 957 361

26. Gali Bouz - 15 de Setembro, 2008

E logo, o que acontece coa corda pulsada?
É que non vai haber?
Pois vaia, hom!

Menuda vergoña!

Agardo que o próximo concello que vos poña as pelas tamén vos poña as pilas!

INSTRUMENTOS DE CORDA XA!!!!!

27. Gloria Rodríguez Íñiguez - 20 de Setembro, 2008

Olaaa
Son Gloria e teño tres dúbidas:
1.Os que estivemos no folque de Lalín os últimos anos temos que facer a audición ou xa se sabe en que curso imos?
2. Os horarios serán de fin de semana ou toda a semana?
3. Temos preferencia os que xa estivemos no conservatorio de Lalín?
Saúde
Gloria

28. Folque - 21 de Setembro, 2008

Resposta ás preguntas de Gloria:
1. O proxecto de centro en Compostela non é vinculante co de Lalín, polo que todos os prematriculados teñen que facer a audición, incluídos os antigos alumnos que asistían ás aulas en Lalín.
2. Os horarios se deseñarán cando a matrícula estea aberta logo de coñecer os admitidos. As aulas estarán concentradas nos sábados de mañá e tarde.
3.Non hai candidatos con preferencias. a única vantaxe é que xa eres coñecida polo teu profesor e coñece o nivel co que se remataron as aulas en Lalín.

Máis dúbidas, podes preguntar directamente a matricula@folque.com

29. Pilar - 24 de Setembro, 2008

Isto está enfocado para xente que controle música? Non é para nenos que queiran iniciarse?.

30. Magencio Martínez del Río - 26 de Setembro, 2008

Non me podo matricular no curso, pero gustariame recibir informacion de todalas actividades que teñades. Un saudo, e que siga por moito tempo.

31. Miguel - 29 de Setembro, 2008

Vamos ver… que tenho umha dúvida!
Se faço a pre-inscriçom, convocades-me para umha prova de nivel que determinará a minha classificaçom. Val! Mas essa prova é discriminatória, quer-dizer, podo ficar sem praça de haver muita gente se só chega ao primeiro nível ou haverá sítio para todxs?
Obrigado

32. Folque - 29 de Setembro, 2008

REspostas ás últimas mensaxes:
a Magencio Mart….: escribe a matricula@folque.com dicindo que queres recibir Bolentín de información regular para entrar na base de datos.
Estamos a traballar na nova web onde estará todo actulaizado sempre aí-

a Miguel (29 Sptembro):
haverá uma seleçom a depender de cada professor para o acceso de cada estudante. Nas materias onde hà muitas pessoas inscritas, lamentávelmente, nom há lugar para todo o mundo. Con amargura para nós, nom há praças para tod@s @s candidat@s.

33. Lois - 7 de Outubro, 2008

Meus parabéns pola volta ao traballo coa central folque. Non se poden desbotar iniciativas coma esta e sobre todo por cuestións políticias que se esta consellería non lle dá cartos ao concello de Lalín por ser do PP.
Penso que habería que potenciar máis a difusión de instrumentos que en Galicia está moito menos espallados que a gaita como a corda pulsada (guitarra, bouzouki), o voilín, etc. Tamén sería ben interesante que, sendo un centro para a aprendizaxe de folque, se ensinase a interpretación da gaita folque por excelencia, a gaita irlandesa ou uilleann pipes, xa tanto que polas súas dúas octavas cromáticas como polo timbre como pola potencia sonora axéitase moito mellor para tocar con frauta, violín e guitarra que a gaita galega.

34. Xocas - 11 de Outubro, 2008

Neno Lois: eu toco as uilleann pipes, mais ti non tes nin puta idea do que dis, gañán!

35. João Tiago Morais - 1 de Abril, 2009

olá, sou o tiago, escrevo desde lisboa.
Para o ano de 2009/10 os periodos de inscrição são os mesmos? Estava muito interessado em ingressar no vosso conservatorio, existe algum regime especial para quem venha de fora? neste caso de portugal.
Cumprimentos

36. Folque - 1 de Abril, 2009

Ola Tiago,
o periodo para inscrição não serã o mesmo mais certamente parescido. Ainda está por desenhar o novo curso. Se te cadra passar por Santiago, é muito recomedável que venhas pelas oficinas e falemos pessoalmente.