jump to navigation

plano estudos

O Programa de Estudos de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, divídese en catro cursos académicos repartidos en dous ciclos de dous anos cada un.

Con carácter xeral, a matrícula obrigatoria mínima constará dun instrumento  máis o estudo de linguaxe musical.
Con carácter extraordinario e baixo criterios que serán expostos polo claustro de profesores, un estudante poderá cursar materias únicas como instrumento ou Historia da Música Galega.

Organización dos estudos:

plano_estudos

1. CONTIDOS IMPARTIDOS: materias

Materias instrumentais

Materias teórico-prácticas

Contidos complementarios:

O alumnado ten a posibilidade de participar en formacións colectivas segundo o seu nivel: conxunto instrumental (1º ciclo) e combo (2º ciclo) asi como o coro aberto a calquera persoa.

2. ORIENTACIÓN

A finalidade do Programa de Estudos de aCentral Folque é dotar ao alumnado, ao remate da súa escolarización, das habilidades básicas necesarias no desenvolvemento do seu instrumento. Esta capacitación instrumental permitiralle optar, se o desexa, aos circuítos profesionais, servíndolle aCentral Folque de plataforma, asesoramento, punto de encontro, etc.

Neste sentido, aCentral Folque promoverá a convivencia entre as diferentes propostas elaboradas polo alumnado, tentando ser un verdadeiro laboratorio de formas musicais patrimoniais galegas.

3. OBXECTIVOS

Os obxectivos do Programa de Estudos de aCentral Folque estarán encamiñados ao logro da adquisición, por parte de todo o alumnado, das capacidades que permitan:

Coñecer e apreciar os elementos básicos que conforman o sistema musical patrimonial galego, un repertorio básico adaptado a cada instrumento, as formas musicais máis elementais, dominar unha bibliografía básica do seu instrumento e do folclore musical galego.

Valorar o inmenso caudal que nos aportan os diferentes folclores musicais do mundo, a diversidade de estilos e conceptos estéticos, o contacto con realidades complementarias á galega, etc.

Dominar o instrumento como vehículo de comunicación cos demais. A adquisición desta habilidade permitirá que o alumnado poda expresar a través do seu instrumento toda a súa experiencia musical, os seus conceptos estéticos, o seu discurso melódico e rítmico.

Ter a destreza instrumental necesaria para estar en disposición de poder optar a unha ocupación profesional dentro do ámbito da música.

4. EQUIPO DOCENTE

EQUIPO DIRECTIVO E CLAUSTRO DE PROFESORES