jump to navigation

Ábrese o prazo de prematrícula en aCentral Folque Compostela

15 de Setembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

Abrése o 15 de setembro e até o 1 de outubro, o plazo de prematrícula para o acceso no curso 2008/2009 de aCentral Folque Compostela.

O proceso consta de:

  1. Prematrícula
  2. Proba de acceso/ audición
  3. Formalización da matrícula.

As materias impartidas son:

Proceso de  matriculación:

PREMATRÍCULA: Entregar o documento de prematrícula nas oficinas do Centro:
– Rúa Salvadas 22, baixo. 15705 Santiago de Compostela en horario de luns a venres: 10- 18 h
– enviando por correo electrónico o formulario web no enderezo: matricula@folque.com

Datas: entre o 15 setembro e 1 de outubro.

PROBA DE ACCESO/audición: proba de aptitude en instrumento e solfexo para determinar nivel de ingreso na sede de ensino de acentral Folque na Escola de Altos Estudos Musicais no Parque de Vista Alegre s/n. 15705 Santiago de Compostela.

Datas (por orde de chegada):
– 3 de outubro: 16 h – 20 h
– 4 de outubro: 10 h -14 h

MATRÍCULA: formalización de matrícula do alumnado selecionado na proba de acceso co pagamento no banco da cantidade total polas materias a cursar.

Datas: 6 – 17 de outubro.
O resultado da audición para o ingreso, realizarase mediante correo electrónico.

canto custa?
150 € anuais por materia + seguro escolar.

Máis información e consultas:

* correo electrónico: matricula@folque.com

* teléfono: 651 957 361

Descarga o formulario (arquivo.doc): formulario_prematricula

Comentarios

1. Lucía - 18 de Setembro, 2008

Ola!

parabens por esta iniciativa, ogallá perdure e sexa unha fonte exitosa para a nosa música.

A miña pregunta é…para os e as que somos novat@s nisto non cabe a posibilidade dalgún tipo de curso de iniciación ou semellante? O caso é que eu, tendo algunha noción no terreo da percusión tradicional grazas a participar algúns anos de asociacións musicais na miña vila, non me vexo facendo o ridiculo na audición jajaja. Velaquí o motivo da miña pregunta…

O dito, parabens e moita sorte nesta andaina, que sexan 1000 primaveras máis para a música galega.

2. Folque - 19 de Setembro, 2008

Ola Lucia,
existen os cursos monográficos, abertos a calquera persoa, que se organizan ó longo de todo o ano con diferente temática e especialización. Aínda non están deseñados os deste semestre pero deixa un ollo nesta web que se anunciarán nos vindeiros meses.

En canto á audición, esta é só unha proba pra determinar o teu nivel e aptitudes musicais, motivacións e intereses. Non significa que teñas que ser virtuosa xa no teu instrumento senón amosar as túas habilidades e preferencias.
As asociacións musicais locais fan unha grande labor docente e social pola música e formación persoal e son un importante punto de inicio para a aprendizaxe. aCentral Folque de Compostela, complementaría este camiño, quere ir un pouco máis alá e ofrecer unha formación integral aberta a todos aqueles interesados na música popular.

A proba de acceso non será un exame público para desanimar a ninguén. Así que que te recomendamos que fagas a prematrícula e te achegues o día da audición, coñezas a xente, intercambies opinións, coñezas as instalacións e os profesores e fagas a proba.

3. "O Naranxo" - 20 de Setembro, 2008

parabéns da Asociación Cultural “O Naranxo” de lalin en xeral, e de K.G. en particular. Moito exito nesta nova andaina, e que de seguro colocará á Central Folque no lugar que polo voso traballo merecedes

4. monica - 22 de Setembro, 2008

o día 16 fixen a pre-inscripción por correo electrónico, pero non me contestaron conforme ese correo vos chegou.
supoño que simplemente teño que presentarme na audicion o día 3 ou 4, non?
teño que levar copia do correo?

5. Folque - 22 de Setembro, 2008

Ola Mónica,
para ti e para todos aqueles que se preinscriban,

Os preinscritos recibirán unha mensaxe persoal no seu e-mail ou
no móbil indicando o día e a hora á que teñen a audición no Edificio de Altos Estudos Musicais.

6. Patrieira - 22 de Setembro, 2008

Eu non recibin tal mensaxe tampouco….. E xa fai dias que me preinscribin….

7. Folque - 22 de Setembro, 2008

A ver,
As mensaxes aínda non se mandaron a ninguén, farase nos vindeiros días, os últimos da preinscripción.

8. sabella - 25 de Setembro, 2008

Boas:
A miña pregunta vai sobre os horarios. Son de Ferrol, e claro, coma polo Norte non hai estas magníficas escolas de música tradicional que hai polo medio e sur de Galiza, pois…
O que ía: As clases son un, dous, tres días…? Interesaríame canto pero claro dependendo do número de días, pois senón se me faría moito.
E tamén se para a proba de solfexo hai que entonar ou pódese leer sen entonar directamente, só co ritmo e notas, claro.
Grazas

9. Folque - 25 de Setembro, 2008

Ola sabella:
-As aulas son só os sábados, os horarios se pecharán unha vez a prematrícula remate, xa con todo o alumnado admitido e tentando conciliar necesidades de cada unha das persoas.
-Na proba tes que demostrar o que sabes e o que on sabes para nós coñecer o teu nivel e saber en que curso deberías estar.

Podes resolver máis dúbidas directamente a matricula@folque.com ou no 651 957 361

10. Paulo Reburro - 25 de Setembro, 2008

Vou comentar um par de detalhes. se é que se pode, se aceitades críticas, senom censurades-me e ao caralho, como fam,por exemplo, em vieiros e outros meios.
O primeiro é o muito que me chama a atençom o nome da instituiçom, que leva a alcunha de “música popular”. Música popular na Galiza é Manolo Escobar, “los pajaritos” e também a moinheira de Chantada. Parece-me um erro de conceito grave chamar-lhe “popular” quando em realidade entendo que se trata dum centro de ensino de música tradicional e de folk, nom si?, ou também ensinades copla espanhola e ritmos caribenhos?
A outra cousa é o horário de sábados. Isso é cravar-lhe umha punhalada no coraçom do fim-de-semana!!! a quem está careado este horário? Parece-me pouco serio, deveria haver aulas todos os dias, mas nom sábado e domingo…
Com que, agora já nom podemos dizer que nom temos um centro de ensino de música “popular”, mas bota-lhe a cana ao porco e espera a que assobie!

11. Ines - 28 de Setembro, 2008

Paulo, non é por mal, pero creo que para aclarar as túas dúbidas, telo moi sinxelo: matricularte.
Fun alumna 6 anos deste conservatorio (cando estaba en Lalin) e por motivos persoais e de traballo este ano non vou poder estar matriculada nas asignaturas anuais, pero se te pasases polo centro, verías que todo ten unha razón de ser.
Música popular?eu fun alumna de canto e pódoche decir que si, aprendimos un repertorio moi amplo, non só temas folk e tradicionais. E sei que nos outros instrumentos, tamén se facía unha escolla de repertorio máis que interesante, tendo sempre máis en conta a calidade do tema e non a súa orixe e/ou procedencia.
E sobre o do sábado… que queres que che diga, se algo che interesa, non importa o día! Insisto: eu estiven 6 anos indo tódolos sábados a Lalin (puntualizo que son de perto de Santiago), e non me arrepinto de nada nin considero os sábados perdidos. E coma min outros moitísimos alumnos máis que chegaban dende tódolos puntos de Galiza. Ademáis, precisamente o alumnado do conservatorio somos estudiantes e traballadores que entre semana non poderíamos achegarnos e ir ás aulas, entón para todos nós, que as aulas fosen o sábado era perfecto.
Se todo ten unha explicación, home. E non fai falta entrar así de atacante xa de primeiras. O seu sería primeiro preguntar.
(Ah! cando escribas aquí, non te preocupes que non te van a censurar por criticar eh!. Vese ben que non coñeces o espíritu e forma de traballar de aCentral. En serio Paulo, matricúlate!).

12. Iria - 29 de Setembro, 2008

Ola!
Unha preguntiña…
Eu estudei 4 anos no Conservatorio de Música da Coruña e gustaríame saber se para a proba de acceso teño que levar o certificado conforme teño esos cursos ou se demostro iso xa non teño que cursar Linguaxe Musical.
Grazas!

13. Folque - 30 de Setembro, 2008

Ola Iria,
Precisas o papel que o certifica pero de tódolos xeitos tes que demostrar “de facto” nas probas de accceso que tes un nivel suficiente para ter esta materia exenta.
A obrigatoriedade desta materia vén dada para acadar un mínimo de nivel na linguaxe musical que permita desenvolverte nas aulas de instrumento.

14. Paula - 1 de Outubro, 2008

Hola!
Tengo un pregunta.Ya he hecho la preinscripción, pero me resulta imposible ir los días 3 y 4 a la prueba de acceso. ¿Hay alguna alternativa? Muchas gracias.

15. Folque - 1 de Outubro, 2008

alguna hay.
escribe a matricula@folque.com
o
llama al 651957361,

ahí te indicarán las posibles alternativas.