jump to navigation

Rematando o prazo de preinscrición: algunha praza libre

29 de Setembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

O vindeiro mércores día 1 remata oficialmente o prazo de prematrícula para o curso 2008-2009 en aCentral Folque.

Para todas aquelas persoas interesadas, aínda quedan sen cubrir completamente as materias de frautas e requinta, acordeón diatónico e sanfona.

En canto ás que estades xa preinscritas ou vos inscribades estes días, lembrar que as probas de acceso terán lugar estes venres 3 -de 10 a 21 h- e sábado 4 de outubro -de 10 a 14 h.

Empezaremos a avisar persoalmente as horas das audicións e colgaremos os horarios nesta páxina.

cartaz_prematricula

Comentarios

1. Belén - 30 de Setembro, 2008

non falades nada dos horarios ou días que impartirédes as clases, gostaríame sabelo, asemade tampoco explicades o número de horas de docencia por matería. gracias

2. Folque - 30 de Setembro, 2008

Ola Belén,
-os días de aulas son os sábados do 11 de outubro até o 21 de xuño.
-os horarios non se fan até ter os matriculados e seran adaptados as necesidades do alumnado.
-a carga lectiva é de unha hora semanal por materia pero isto é moi relativo e sempre hai que contar coas aulas colectivas e actividades complementarias.

3. Paula - 1 de Outubro, 2008

Hola,
Tengo una pregunta y es que he hecho la preinscripción pero me resulta imposible ir los días 3 y 4 a la prueba de acceso. Hay alguna alternativa?Muchas gracias.

4. benxa - 1 de Outubro, 2008

ponte en contacto conmigo e miramos de amañar eso.

Un saudo

5. benxa - 1 de Outubro, 2008

Sintoo, olvidei o mail.

benxa@folque.com