jump to navigation

DUF 2008, resumo

17 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

Logo dunha intensa fin de semana en Pontevedra, o equipo de produción de aCentral Folque cumplíu coa súa intención de ofrecer na cidade do Lerez un programa variado e para diferentes públicos sobre un instrumento tan galego e universal á vez coma é o pandeiro de mao.

DUF, o V Encontro Internacional de Pandeiros de Mao rematou este domingo coa clausura da feira de artesanía musical e un concerto de Felisa Segade. Concertos, obradoiros, charlas, un serán, presentación editorial en diferentes espazos do casco vello dos que moita xente puido desfrutar de balde.

Elevada asistencia de público que non deixou baleira en ningún momento a carpa situada na praza da Ferrería onde estiveron expostos instrumentos de Xaneco, Carlos do Viso, Paulo Meirinhos (Miranda do Douro) e Victor Barral (Madrid) e onde tivo lugar o concerto de presentación do primeiro CD de Tanxedoras. Un concerto de grande nivel, aínda sen estar o quinteto completo destas cinco novas raparigas de Vigo.
carlosdoViso

carlos do Viso na demostración do adufe neumático


O Serán Urbano ateigou o espazo nunha fría noite de outono con Marcelo Dobode de mestre de cerimonias que conseguiu achegar a coletivos de cantoras e cantores dos lugares de Toutón, Laxoso, Regodobargo nunha demostración de que a tradición oral destas zonas é riquísima e non corre perigo de esquecemento coma amosaron novos valores coma Malmequer ou a rapazada de Marín.

Tres días de intensa actividade musical ao redor deste instrumento con artistas de fóra do noso país e unha relación co mundo árabe a través da orixe compartida do adufe.

Comentarios

Comentarios fechados