V certame de cantares de Reis en Boimorto
21 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: NovasTrackback
O Concello de Boimorto, preocupado por conservar a cultura e tradición popular, vén de presentar este certame por cuarto ano consecutivo.
Este acto serve para valorar e animar ás persoas que co seu esforzo os fixeron chegar ata nos.
Porén o Concello de Boimorto convoca para o día 4 de Xaneiro de 2009 o V Certame de Reis baixo as seguintes bases:
Estas son as bases do certame:
- 1) Poderán participar cuadrillas de mozos/as, vellos/as ou nenos/as que se inscriban no Concello de Boimorto antes do día 24 de Decembro de 2008 (ata un máximo de 20 participantes). Enderezo
Concello de Boimorto
Rúa Vilanova,1
Boimorto 15817
A Coruña
Teléfono: 981 – 516020
Fax: 981 – 516045
- 2) Interpretarán un cantar de reices cunha duración que non sobrepase os cinco minutos.
- 3) Establécense seis premios en metálico, con cargo ao futuro orzamento municipal do 2009, que se reparten do seguinte xeito:
– Primeiro premio: 1.000 Euros
– Segundo premio: 800 Euros
– Terceiro premio: 600 Euros
– Cuarto premio: 300 Euros
– Quinto premio: 200 Euros
– Sexto premio: 100 Euros
- 4) O Xurado estará formado por un representante da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, dous musicólogos, dous membros de asociacións culturais que entendan do tema e un representante do concello que actuará como secretario.
- 5) Ás 16:30 celebraráse o certame seguido do fallo do xurado e entrega de premios. Pregamos a chegada das cuadrillas con antelación.
- 6) Valoraráse:
* Que sexa un canto de Reis tradicional
* Afinación
* Posta en escea
A participación no certame supón a aceptación destas bases.
Comentarios
Comentarios fechados