jump to navigation

Espectáculo interactivo de aCentral Folque en Oleiros para alumnado da ESO

17 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

oleiros
O Grupo artístico-didáctico de aCentral folque constituiuse no presente ano 2008 baixo a dirección de Óscar Fernández e Nacho Muñoz e integra a profesores e colaboradores de aCentral folque e da Aula Folque Infantil de Pontevedra.
Terán este xoves 18 de decembro a primeira actuación para escolares de Oleiros. Será unha experiencia de reelaboración comunal, performance e creación a partir do patrimonio musical galego. O grupo artístico-didáctico de aCentral Folque conecta ao alumnado co proceso de concepción e desenvolvemento dun producto escenográfico fundamentado no patrimonio músical galego. Os profesores canalizan as súas ideas e esforzos para que sexan os autores reais da experiencia escénica.

O obxetivo principal é que os rapaces experimenten dende o seu propio proxeto  -e non dende o do docente- cos principais procesos creativos do mundo sonoro e a súa interrelación práctica con outros campos artísticos. O concerto está organizado en tres seccións: musical, escénica e audiovisual e comprende unha aprendizaxe práctica e lúdica de aspectos e técnicas relativas a diferentes artes: composición musical, canto, danza, acción dramática, creación de contidos narrativos, coreorafía, declamación, montaxe escénica, gravación audiovisual…

Cada sesión será gravada audiovisualmene e editada posteriormente polos membros do grupo artístico-didactico recollendo diferentes momentos das experiencias. Estas gravacións serán enviadas aos respectivos centros de ensino e serán divulgadas a través do portal de aCentral folque www.folque.com.

ORGANIZACIÓN DO CONCERTO DIDÁCTICO

Os concertos terán lugar no auditorio municipal Gabriel García Márquez (Mera, Oleiros) e desenvolveranse na data lectiva do 18 de decembro de 2008 en horario de mañá.

A experiencia educativa que desenvolverá o Grupo artístico-didáctico de aCentral folque con os alunos  de ESO de Oleiros é unha producción exclusiva de aCentral folque para o Concello de Oleiros.

Comentarios

Comentarios fechados