jump to navigation

Nace a asociación de alun@s de aCentral folque

19 de Decembro 2008 - Enviado por gaitomano a: Novas
Trackback

Ola a tod@s.

logo_2.jpg

Baixo unha iniciativa de vari@s alun@s de aCentral dispuxemos reunirnos nunha asociación a nivel interno, co fin de optimizar a comunicación entre o alunado e profesorado.

A nosa idea, en principio será a de facer unha xuntanza previa onde básicamente trataremos de poñérmonos dacordo para designar un representante por aula, que serán os responsábeis de facer os inquéritos a tod@s @s integrantes de cada materia, para  facer unha posterior xuntanza e expoñer os resultados e así transmitirllos tanto á equipa de dirección coma á  de produción.

Para isto convocámosvos o sábado día 10 ás 15:00 no bar La Cueva, (na mesma rúa da oficina de aCentral), ás costas do edificio de aCentral, no barrio de Vistalegre.

Asimesmo, e despois de algunha petición, fixemos un grupo da asociación en facebook para ir colgando o que vaiamos acordando por se alguén non se puidese pasar polo motivo que for.

Sen máis, estade atent@s.

Comentarios

1. benxa - 21 de Decembro, 2008

Forza¡