jump to navigation

X concurso de música tradicional Xiradela

17 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

Un ano máis celébrase o concurso de música tradicional, coma de costume no mes de abril. Podedes consultar as bases aquí ou descargalas en formato de texto nos arquivos adxuntos, asi como a folla de inscripción do mesmo.

BASES

1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc…, que o desexen.

2. Constará de tres modalidades: grupos de pandereteiras, cuartetos de gaitas (deberán estar formados por: dúas gaitas, tambor e bombo) e gaiteiros solistas (poderán levar, ou non, un acompañamento de percusión).

3. Na modalidade de pandeireta haberá catro categorías, que dependerá da idade da maioría dos compoñentes:

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.
Nas modalidades de cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas, haberá unha soa categoría sen límite de idade.

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. Os participantes poderán concursar en tódalas modalidades, sen embargo non poderán concorrer en máis dun grupo en cada unha delas. Na modalidade de cuartetos de gaita, sí poderán participar en máis dun grupo, sempre e cando non sexa tocando o mesmo instrumento.

6. Os premios serán os seguintes:
PANDERETEIRAS:
CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría

CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría

CUARTETOS DE GAITAS:
1º premio: Trofeo e 250 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.
GAITEIROS SOLISTAS:
1º premio: Trofeo e 200 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

8. No momento da calificación o xurado terá en conta:
– Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional (no caso dos cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas a peza pode ser recollida ou de composición).
– Dificultade da mesma.
– Afinación e interpretación.

9. O concurso terá lugar o día  de 5 Abril de 2009 ás 17:00 para os Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas, e o día 19 de Abril de 2009 con horario de mañá e tarde, (aínda por determinar) para os Grupos de Pandereteiras, no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.

10. A folla de inscripción deberá chegar debidamente cumprimentada ó local da Asociación (Polígono de Sabón, 5 15142 Arteixo), antes do 20 de Marzo de 2009. Poderanse enviar tamén os seguintes correos electrónicos:
concursogaitacuartetos@yahoo.es
concursogaitasolista@yahoo.es
concursopandeireta@yahoo.es
(segundo a modalidade na que se participe)

11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables.

12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fora do prazo de inscripción. Asimesmo, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquer participante, que semelle dúbida da idade, ben a requerimento de calquera agrupación, membro do Xurado ou que estime oportuna a Comisión
Organizadora, en caso de negarse ou non presentalo quedará descalificado.

13. Unha vez rematada a actuación de tódolos participantes e a avaliación do Xurado darase a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados. O día  de 5 de Abril de 2009 daranse a coñecer os premios dos Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas e o día  de 19 Abril de 2009 os de Pandereteiras. (Categoría A e B pola mañá e categoría C e D pola tarde).

14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos:
Teléfono: 981 64 11 25
Tlf. Móbil: 646 87 59 53 (mañás) / 676 23 37 48 (tardes)
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es

Comentarios

Comentarios fechados