jump to navigation

Adianto do novo traballo de Linho do Cuco

21 de Marzo 2009 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Escea,Novas,Novidades discográficas
Trackback

Ola a tod@s, visitade o noso blogue, para escoitar unha pequena mostra do que será o novo disco de linho; dous temiñas que formarán parte do segundo proieto do grupo, que andamos mirando de rematar pra primavera, boa época pra verbena i o agarrado. A idea é que nas datas vindeiras colguemos algunha peza máis. Así, escoitades o que facemos, e vos animades a contratarnos para as vosas festas, patronáis ou de gardar, marcos nos que a flor do toxo coidamos rebenta de esplendor.
A primeira que toca desta vez é unha muiñeira, composición do grupo, que por coxa quedou en tres pés, e por tres pés chamouse A Trepia. Nela toca con nós o clarinete o amigo Cheito, clarinetista de banda, música popular e sesión vermouth.
A segunda é pra nós unha xoia, do repertorio dos lexendarios Os Dezas de Moneixas, reminiscencias de José Benito, gaiteiro e cowboy, portada de “La Gran Enciclopedia Gallega”. Chámase Ei Moneixas! e vai apasodoblada, con muiñeira no medio. Nesta tocoulle acompañarnos ó noso admirado Óscar, camarada sempre gustoso de tocar con nós.
Sen máis e nada máis, que vos guste; que vos preste.

Preme aquí pra escoitar os temas
E por sempre….opaííí!!!

IMG_0053.JPG

Comentarios

1. a inquisición - 29 de Marzo, 2009

esperemos que non soe así porque da a sensación que foi jrabado na china por catro duros e a musica foi enlatada nunha lata de sardiñas de 33 cl.