jump to navigation

IV Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva

30 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Concursos,Novas
Trackback

cartaz

Os vindeiros días 5 e 6 de xuño celebrarase en Poio a cuarta edición deste encontro de gaitas de fol do noroeste na que se encadra o VI Concurso de gaitas Manuel Villanueva entre outras actividades.

FOLLETO_MANUEL_VILLANUEVA_exterior.pdf
FOLLETO_MANUEL_VILLANUEVA_interior.pdf

Programa:

Venres 5 de xuño. 20 h Casal de Ferreirós (San Salvador)

Sábado 6 de xuño

  1. A gaita-de-fol no patrimonio musical de América latina. Os exemplos de Cuba e Arxentina. Ramom Pinheiro Almuinha. Historiador e profesor en aCentral Folque
  2. O gaiteiro moderno, técnica expandida e música contemporánea. Paulo González. Músico e compositor

O VI Concurso de Gateiros MANUEL VILLANUEVA a través do que se potencian as novas composicións para gaita galega e o repertorio da tradición gaitística de Poio, ao tempo que se recupera a gaita tombal con ronquillo de dixitación pechada que tivo presencia nas marxes do Lérez ata a súa desaparición a mediados do s. XX. Poderán participar todos os gaiteiros que o desexen con gaita de fol galega en calquera tonalidade e dixitación. O concurso gravarase en directo co fin de editar un CD.

PREMIOS:

1º Premio ………………………………………………… 1.500 €, diploma e trofeo
2º Premio ………………………………………………… 1.100 €, diploma e trofeo
3º Premio …………………………………………………… 800 €, diploma e trofeo
Premio especial MANUEL VILLANUEVA ………………. 1.200 €, diploma e trofeo

Máis información:
contacto@paidacana.com
paidacana@hotmail.com
http://www.oscaribanez.com

Comentarios

Comentarios fechados