jump to navigation

Tino Baz en Coruña

28 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Trackback

tino_bazDentro da programación desta semana da L.S.O. Casa das Atochas, no barrio de Monte Alto na Coruña, ese espazo de dinamización social e lugar de encontro de diferentes inquietudes no corazón da cidade herculina,  haberá un concerto de Tino Baz o venres 29 de maio ás 20.30 horas na rúa Atocha Alta, 14, Montealto.

Esta actividade está dentro das Xornadas sobre a lingua. “Arredor de sí: fronte á inmersión no silencio” e contará coa proxección de Os señores do vento (2008) de Xurxo González,  ademais da presenza do autor e Tino Baz, compositor da banda sonora.

Xurxo González (A Guarda, 1973), crítico de audiovisuais na revista Tempos Novos, colaborou con artigos en revistas como Cahiers du Cinéma-España, Madrigal, Quintana, Pontenova e Ag escribiu artigos nos xornais Faro de Vigo e n´A Peneira, asesor e analista audiovisual, documentalista e catalogador en arquivos audiovisuais de RTVE-G, coordinador do libro Manoel de Oliveira para o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) e do libro Documentación da videocreación en Galicia nos anos 80 do Centro Galego da Arte Contemporánea (CGAC), investigador para o Consello da Cultura Galega e para a USC, Profesor no Máster de Conservación do Patrimonio (USC), traballou para o Instituto Cesing, creador de contidos da Axencia Audiovisual Galega (AAG), coordinador das plataformas na rede do Teutubo e de Flocos.tv, programador galego do Filminho: Festa do Audiovisual Galego e Português e é guionista e realizador amadorista (Argazo, 2005, Dies Dei, 2008 e Os señores do vento, 2008).

Concerto de Tino Baz

“Cantautor Guardés nado en 1972 no barrio da Robaleira, en pleno porto guardés.
Coñece e participa das primeiras edicións da FESTA DA POESÍA do Condado, alá polos albores dos anos oitenta, onde sendo neno, albiscaba un espacio cultural diferente, alí precisamente onde xermolaba  unha mensaxe lírica de combate e de reinvidicacón nacional a través da palabra. No verán do ano 1.990, o cantautor recentemente falecido Suso Vaamonde fixo de ponte para que Tino Baz entrara a formar parte do grupo “A RODA”, como gaiteiro, cantor e percusionista, nacendo dende aquela entre ambolosdous unha relación de amizade que se iría enriquecendo co paso dos anos, e que viría a ser decisiva no desenrolo de Tino, como músico e cantor. Proba diso, son as referencias cronolóxicas i estéticas daquel voz ceibe dos anos setenta, das que Tino se nutre como principal fonte da poesía galega cantada. Inflúe nel, ostensiblemente, a pegada de “FUXAN OS VENTOS” e mais concretamente “A QUENLLA”, fundamentalmente a través dos compañeiros e amigos Mini e Mero. Defensor a ultranza do galego, entende que é necesario e triste a férrea postura na cuestión idiomática.
O contido do seu repertorio na súas actuacións é o resultado do tratamento de adaptacións de pezas populares mesturado cá palabra dos poetas. Así atopamos xunto a melodías tradicionais, musicacións de poetas como Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Xavier Seoane, Marica Campo, Bernardino Graña, Xosé Carlos Gomez Alfaro, Manolo Pipas, Francisco Álvarez Koki, ou mesmo a veciños seus que atopan na poesía unha boa canle de expresión. Tamén hai un espacio para musicacións de textos feitos por él mesmo.
Neste intre, atòpase inmerso na presentación da publicación discográfica que leva por tìtulo CINSA NAMORADA. (…)”

Máis información: http://www.tinobaz.com/Tino_Baz.html

Comentarios

Comentarios fechados