jump to navigation

Últimos días para inscrición no Proxecto Runas do Festival de Ortigueira

9 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Concursos,Novas
Trackback

ortiqueiraA falta dun mes para o festival péchase o prazo de inscrición para o palco Runas, un espazo en forma de concurso para bandas noveis.

Consulta as bases na páxina do festival.

O Festival Ortigueira servirá por décimo ano consecutivo de plataforma promocional para os novos valores da música de raíz. A través do Proxecto Runas, convoca aos grupos emerxentes que buscan facerse un sitio no panorama folk. As tres bandas máis votadas polos visitantes da web oficial protagonizarán a primeira noite do certame celta, competindo ao vivo por coarse no cartel do 2010.

Se tes unha banda e queres participar, bótalles unha ollada ás bases do concurso e envía ao correo runas@festivaldeortigueira.com tres das túas cancións en mp3, acompañadas dunha breve historia e unha foto do grupo antes do 10 de xuño

Os tres grupos máis votados actuarán o xoves 9 de xullo no escenario Estrella Galicia. Un xurado do Festival estará presente no público para seleccionar ao mellor grupo, que actuará na edición de 2010.

Selección
Un comité técnico, nomeado polo Concello de Ortigueira, organizador do Festival co apoio do Xacobeo, Estrella Galicia e Deputación, entre outras entidades, realizará unha primeira selección de dez grupos.

A segunda fase correrá en exclusiva a cargo dos internautas que visiten a web oficial. Eles e elas elixirán cos votos que emitan do 15 ao 30 de xuño, de entre estas dez candidaturas, as tres formacións que actuarán na xornada inaugural da próxima edición do Mundo Celta, o vindeiro 9 de xullo. Cada un dos grupos recibirá 1.000 euros.
O premio será unha actuación no Escenario Estrella Galicia no 2010 e 3.500 euros.

Comentarios

Comentarios fechados