jump to navigation

Boletín nº 6 do 3º Pé

11 de Xullo 2006 - Enviado por gaitomano a: Escritos,Novas
Trackback

Boletín nº 6 do 3º Pé
A Coruña, 10 de xullo de 2006

1) O 3º Pé tómase unhas vacacións
2) Cambio de local do Andar Criativo
3) Está a caír o novo fanzine terceirope.com
4) Casting para a Compañía “Femme Fatale”
5) Música na Rúa en Oleiros

1) O 3º Pé tómase unhas vacacións

As bicicletas son para o verán… e tamén a praia o sol… os romances e todo iso. Por iso, dende o 3º Pé aproveitamos para tomarnos unhas vacacións, que ben nós virán a todos para prepararnos aos cambios que chegarán a partir de septembro e tomar forzas para unha nova estapa do Andar.

2) Cambio de local do Andar Criativo

Como teredes comprobado se pasades pola Rúa do Tren o Andar Criativo descolgou o seu logotipo do número 5 baixo de dita rúa.

Sí; é oficial, cambiamos de local.

A partir de septembro estaremos situados en pleno Campo de Marte, desfrutando de instalacións públicas dentro do CEIP Curros Enríquez.

Temos que agradecer a colaboración á dirección do centro, á ANPA do colexio e ao delegado de educación. Esperemos que signifique un cambio positivo, para nós e para o noso barrio.

Mellores condicións, máis espacio, e menos contaminación acústica son algunhas das melloras que significa este cambio, que esperemos que dé moitos e mellores froitos.

3) Está a caír o novo fanzine terceirope.com

Despois dun ano de publicación o novo formato empeza a ser unha realidade. Quizais para mediados de agosto ou principio de septembro teñamos na rúa o seguinte número desta publicación, que nesta ocasión lle adicamos ó CAMBIO en sí mesmo e adúas artistas de dúas esferas moi diferentes; Pepa Yáñez e Ana Pillado, a primeira cantareira, pandereteira, cabareteira e artista integral; a segunda pintora, escultora, debuxante e artista plástica en xeral.

Un número que virá a intoducir un novo tipo de publicación cultural na Coruña e na que estamos a traballar duramente…

4) Casting para a Compañía Femme Fatale

A nosa compañía “perralleira, fulera e moi cabaretesa” Femme Fatale busca novos talentos a “raiñas do desperreche”.

Se che interesa o cabaré… se che gusta bailar, cantar, actuar,,, ou se como Concha Velasco es das que dis “mamá quiero ser artista” esta é a túa oportunidade.

Entre os proxectos da nosa compañía, que como sabedes inclúen unha “Noite de Cabaré Dublinés” ao mes no Pub Dublín de A Coruña están varias actuación por toda Galicia, unha xira por Portugal e a montaxe do vindeiro “Festival Galego de Cabaré Cabaré4 Oleiros”

Non o dubides. O ensaios volven a comezar dentro de moi pouco.

Apuntádevos no 666 014 494 ou por correo electrónico ao enderezo info@terceirope.com e de contado contactaremos con vós.

5) Música na Rúa en Oleiros

Os venres e sábados de xullo e agosto acollerán en Oleiros unha grande variedade de espectáculos.
A concellaría de Turismo de Oleiros presentou o venres pasado o 3º programa “Musica na Rúa” para o verán 2006.
Trátase de catro concertos simultáneos en diferentes puntos de concello de Oleiros durante os venres e sábados dos meses de xullo e agosto.
Cerca de 70 concertos con grupos como Toll 64 (rock) Pasaporte (Canción Fusión) Saiva Nova (Trío de Corda) Nelson Quinteiro (Cantareiro) Vaamonde, Lamas e Romero (Popular) Expresso Swing (jazz) La Rumba Oeste, Beatstones ou Latino Trío.
Grande variedade de estilos musicais. A maior e mellor oferta musical da comarca a pé de rúa.

Nelson Quinteiro
Coordinador
3º Pé Andar Criativo
R/ da Torre 65 3º D
A Coruña
666 014 494

cartaz3pe.jpg

Comentarios

1. immitation - 13 de Decembro, 2006

Mmm… Good post 🙂 Will watch your blog

2. jazzd - 13 de Decembro, 2006

Mmm… Good post 🙂 Will watch your blog

3. kitson - 13 de Decembro, 2006

Mmm… Good post 🙂 Will watch your blog

4. kleine - 13 de Decembro, 2006

Mmm… Good post 🙂 Will watch your blog

5. longchamps - 14 de Decembro, 2006

Mmm… Good post 🙂 Will watch your blog

6. marc - 14 de Decembro, 2006

Mmm… Good post 🙂 Will watch your blog